COPA XUNTA
RESULTADO : POIO F.S. – FISOBER F.S.F. : 5-0
POIO : Nere, Yoli, Charo, Kiko, Elena ; tamén xogaron :
Peke, Anita, Sara, Dana, Mar, Irene e Paula.
FISOBER : Paula,
Patri, Ylenia, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Barca, Olalla, Eva e Myrella.
Árbitros : Juan González e Sergio Abilleira ; Crono :
Alfredo Castro.
GOLES : 1-0 Elena ; 2-0 Kiko ; 3-0 Charo ; ( descanso ); 4-0
Elena, 5-0 Peke.
Na tarde-noite do mércores desprazouse o Fisober a Poio para disputar fronte as locais, un equipo
habitual xa en Segunda División aínda que por extrano que pareza competirá nun
grupo diferente o das da Costa ademáis de ser o anterior equipo da xogadora do
Fisober a ausente Nuria, o seu segundo
partido e a postre definitivo nesta Copa Xunta, o sábado xa recibiron o Ponte Ourense en Cee.
E nestes dous partidos de pretempada as do Fisober observaron nos enfrontamentos con equipos de Primeira e
Segunda División que o ritmo vai ser
moito maior e que cada erro os rivais o fan pagar, non perdonan.
O Fisober non se sentiu cómodo no partido , e apenas puido
triangular en ataque , tivo moito traballo defensivo o
partido.
Xa os tres minutos Elena aproveitou unha descordinación das visitantes para facer o primeiro gol. A
primeira metade continou co dominio e presión do Poio pero as ocasións tampouco
eran tan claras ante o traballo
defensivo do Fisober.
Pero os dez minutos outro despiste da visitantes deixou que
Kiko disparara para o segundo gol do Poio. E os trece minutos foi Charo a que
mandou o seu disparo o pau.
Os minutos seguían pasando co mesmo guión e Charo de novo
tiña unha boa ocasión a tres para o fin. Unha Charo que de tanto buscalo fixo o
terceiro gol do seu equipo cando se entraba case no último minuto.
A doce segundos do fin desta primeira metade un lanzamento
lonxano de Ana fixo intervir a meta local Nere na que foi a mellor ocasión para
as visitantes.
O Fisober entrou mellor despois do tempo de lecer e
conseguiu combinar algo máis, pero sin crear perigo as locais.
Este periodo tivo moito menos ritmo e notouse que estamos en
pretempada e os trinta grados que había no exterior a saber no interior do
pavillón.
Aínda así de novo Elena facía o cuarto gol local os catro
minutos e Peke o quinto os sete minutos.
Os minutos foron pasando sin apenas noticias relevantes
dende aquí ata o final.
Destacar que no Fisober foron baixa para este partido por
diferentes razóns tanto Elsa como Nuria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario