MUXÍA : Luís Romaní ( minuto 82 Jose Antonio ), Pesqui, Martinciño, Currás, Pataca, Santi Papi, Javi, Dimas (
minuto 76 Jose Manuel ), Adrián Negro ( minuto
82 Gemelo ), Casais ( minuto 46 Julián ) e Albertiño ( minuto 81 Carrera
).
FISTERRA B : David (Iago, min.80), Juanjete (Abel, min.60), Juan, Jorge, Santi, Sheg, Cote, Dani, Mario, Bruno, Gonzalo (Estrella, min.60)
GOLES : 1-0 minuto 15
Adrián Negro de penalti , 1-1 minuto 45 Bruno ( descanso ) , 2-1 minuto 63 Santi Papi, 3-1 minuto 70
Adrián Negro de penalti, 4-1 minuto 73 Dimas, 5-1 minuto 80 Jose Manuel.
Xogaba o primeiro partido da tempada o Muxía como local e
solventouno mediada a segunda metade na tarde que voltaban a Arliña, o
adestrador Juan Cortés “Papi “ e os xogadores Luís Romaní, Pesqui, Santi Papi,
Dimas, Adrián Negro e o debutante Casais.
A primeira metade non tivo moitas ocasións pero o dominio do
xogo foi dos locais, nun terreo de xogo da Arliña que non está en moi boas
condicións.
O fondo os terreos do Parador |
Así os quince minutos Adrián Negro poñía en vantaxe os
locais despois dun penalti protestado polos visitantes cometido sobre el mesmo.
O xogo dos fisterráns basabase en balóns longos para Bruno
que xogou volcado na banda esquerda a primeira media hora de partido.
A gran ocasión local para aumentar vantaxe foi para
Albertiño quen enviou rozando o pau un man a man ante o meta visitante.
O “mister” visitante Borrasca cambiou a Bruno de banda para evitar
a un Pesqui que non lle daba opcións.
Co paso dos minutos e co cansanzo o Muxía foise rompendo en dous bloques
ataque-defensa algo que lle tocará
mellorar os de Papi para os seguintes encontros.
Pero cando a primeira metade tocaba o seu fin un balón longo
chegaba a Bruno preto do área e ningún dos tres defensas locais que o rodeaban
foi quen de despexalo, Bruno levouse o balón por forza e picardía e igualaba o
partido.
A saída do tempo de lecer o adestrador local deu entrada a
Julián na media para controlar máis o partido e evitar que se lle rompera o
equipo. Algo que acadou xa que o Muxía dominou con moita maior claridade esta
segunda metade e o equipo pareceu máis compacto.
No minuto 57 na que foi a mellor xogada local do partido
unha combinación de case todo o equipo chegou a Pesqui que se incorporou por
banda dereita cedendo para Adrían Negro e un defensa visitante tocou o xusto
para evitar o gol.
Solo dous minutos despois era Albertiño o que de novo se
prantaba solo ante o porteiro visitante e de novo o seu disparo rozaba o pau.
E o gol tiña que caer e foi gracias a un dos habituais
zapatazos de Santi Papi dende a frontal que tocaba o longueiro e se colaba para
facer o 2 a 1 os 63 minutos.
Dende aquí xa respiraron máis tranquilos os locais e así no minuto 70 de novo Adrián
Negro transformaba un penalti por mans dun defensa fisterrán para poñer o 3 a
1.
Tralo gol os visitantes gozaron dunha inmellorable ocasión para voltar a entrar no partido pero un corte providencial e a chegada de Luís Romaní evitaron o susto e claro o que perdona recibe o gol na seguinte , no
73 era Dimás o que aproveitaba un balón no área para facer o cuarto
local. E aínda quedaba o quinto de Jose Manuel quen empurrou sobre a liña no
minuto 80 despois de aproveitar un centro-chut dende banda dereita de Javi que
posiblemente se colara igual.
En definitiva goleada local que deixou con bo sabor de boca
os siareiros.
Colabora cos datos do Fisterra B , Oscar de Urroa.
Colabora cos datos do Fisterra B , Oscar de Urroa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario