COPA XUNTA
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – PONTE OURENSE.
1-7.
FISOBER : Paula,
Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Eva e
Laura.
PONTE OURENSE : Loli, Drica, Rosángela, Anita e Vanessa ; tamén xogaron : Chiqui, Laura,
Marta, Carol, Noelia, María e Paloma.
Árbitros : Manuel Vázquez e Vicky Mosquera . Crono : Yayo
Pájaro.
GOLES : 0-1 Laura, 1-1
Ana, 1-2 Anita, ( descanso ), 1-3 Drica, 1-4 Drica, 1-5 Chiqui, 1-6
Marta, 1-7 Vanessa.
O Fisober disputaba esta sábado,un día antes do seu oitavo cumpreanos e nutrido por xogadoras que foron dando todos os pasos co clube dende categorías inferiores que foi cas que naceu o clube ata a actualidade, por primeira vez na súa Historia un partido
da Copa Xunta e o rival non era outro que o Ponte Ourense de División de Honra
, o que fora campeón de Liga e Supercopa española no 2011.
Sairon moi concentradas as da Costa ata o punto que a
primeira ocasión foi delas por medio de Patri despois dunha boa combinación .
Atenderon o aviso as de División de Honra e os tres minutos mandaron o balón o
pau por medio de Anita.
As locais non lles quedou outra que defenderse con orde e
tentar sair en algunha contra. Os catro minutos era Laura a que inauguraba o
electrónico co primeiro gol visitante.
A cal pudo respostar o Fisober cun lanzamento lonxano de
Nuria dende propio campo que casi sorprende a Loli e que se foi o longueiro.
Non querían ser menos as visitantes e Laura tamén mandaba o
longueiro. Tocaban e tocaban as do Ponte para buscar ocos e atopábanse cunha
gran actuación da porteira Paula que freaba os seus intentos, xunto co traballo
defensivo das súas compañeiras.
Nin Laura , nin Drica, nin Carol podían ca porteira local. O Fisober non podía
apenas saír , pero nunha desas poucas saídas Ana aproveitou un balón morto para
colocar un sorprendente 1 a 1 no marcador. E Barca dende lonxe casi aumenta a
sorpresa.
Pero a 53 segundos do descanso Anita non perdou para poñer o
Ponte Ourense de novo en vantaxe.
A volta dos vestiarios xa foi outra historia, as visitantes
apretaron máis si cabe e non deixaron
opcións o Fisober que non inquietou casi a meta defendida por Noelia.
Todo o contrario que a de Eva, que o igual ca súa compañeira
Paula fixo unha gran actuación na portería.
As ocasións e os goles foron caendo nesta segunda metade. A
internacional Rosángela que debutaba procedente do Valladolid enviaba o longueiro os tres minutos. Os cinco
a brasileira Drica facía o terceiro para o seu equipo, e solo un minuto despois
o cuarto.
No seguinte minuto era frenada por Eva, e no minuto oito
Chiqui facía o quinto para as
visitantes. O Ponte chegaba unha e outra vez ante Eva amosando que as locais se
lles foron esgotando os folgos.
Aínda así as do Fisober seguían sufrindo en defensa buscando
que non se incrementara o resultado
cunha Eva moi atinada na portería . Pero nos dous últimos minutos caeron
aínda dous goles máis, un por medio da internacional española Marta e outro por
medio de Vanessa.
En definitiva o Fisober aguantou unha metade o empuxe dun
equipo de Divisón de Honra, pero a segunda fixoselle moi longa, típico a estas
alturas da pretempada.
Destacar que no Fisober foron baixa para este partido por
motivos laborais, tanto Elsa como Olalla. E que a cadete Laura por segunda vez
disputaba uns minutos co primeiro equipo.
O mércores as 20 horas visitan Poio no segundo partido desta competición.
Noutro resultado da Copa Xunta o Concello de Mos perdeu 2-9 fronte o Cidade das Burgas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario