MUXÍA : José Manuel, José Ramón, Paulo, Denís,
Antoniño ( minuto 77 Andrés ), David Pena ( minuto 72 Santi Negro ), Adrián,
Castreje, Victor, Peski, Isma.
MALPICA : Jesús,
Victor, Fenosa, Lexi, Joro, Canario, Diego ( minuto 76 Pitis ), Guille ( minuto
81 Aitor ), Martín ( minuto 72 Almeida ), Juny , Camilo.
GOLES : 0-1
minuto 5 Juny ; 1-1 minuto 20 Victor de penalti, ( descanso ) , 1-2 minuto 50 Juny
, 1-3 minuto 70 Juny, 1-4 minuto 82 Juny de penalti.
Despois de tres
empates en tres partidos o Muxía recibiu a primeira derrota da tempada na
visita do actual campión o Malpica.Nun partido marcado polo vento , o mal
estado da Arliña e os goles do capitán visitante Juny.
A primeira metade
o vento a favor correspondeu o Malpica que xa os cinco minutos aproveitou a súa
primeira ocasión para poñerse en vantaxe.
Os malpicáns
dominaron o partido pero sen gozar de moitas ocasións parecían estar un
pouquiño por encima dos locais.
O Muxía tentaba xogar o ritmo que marcaba
Adrián. E así unha xogada por banda dereita rematou con mans dun defensa
visitante dentro do área e penalti. O encargado de lanzalo foi Victor quen o
lanzou cunha tranquilidade pasmosa para igualar o partido.
Dominaba o
Malpica, pero sen contundencia e solo con lanzamentos lonxanos poñían en perigo
a José Manuel que fixo un par de boas
actuacións.
Así se chegaba o
tempo de lecer, algo que se alargou un pouco máis do habitual xa que o
colexiado mandou pintar de novo as áreas e as liñas de fondo.
E cando o Muxía
tiña o vento a favor non foi quen de aproveitalo. No minuto 50 a defensa local
durmiuse e Juny fixo o 1 a 2. Dende ese
momento pareceron desaparecer os locais.
Solo un
lanzamento longo que se tragou a defensa visitante non foi quen de definilo Castreje
con todo o seu favor. Pouco despois era Isma quen facía algo parecido.
Os visitantes de
vez en cando sacaban algunha contra que José Manuel facía desaparecer. Ata que
no minuto 70 Juny non erraba para o 1 a 3 e mataba o partido.
Aínda tivo Adrián
a posibilidade do segundo gol local despois dun perigoso lanzamento de esquina
do seu irmán Victor.
No minuto 82 Juny
transformaba un penalti cometido por Santi Negro para pechar o marcador.
Nos últimos
minutos os locais tentaron un novo gol pero un par de lanzamentos lonxanos de
falta de Denís non poideron ser
empurrados as redes por Peski.
Chegou así a
primeira derrota da tempada para o Muxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario