Andan as Copas e as fases femeninas de Ascenso no aire, pero a dificultade para descubrir resultados é máxima asi que agradecería calquera información que me puderan dar, de todos modos poñerei a información da que dispoño :
Na eliminatoria de Copa Autonómica entre o Mos e Burgas as viguesas remontaron e ganaron por 6 a 2, co cal se clasificaron para semifinais. Podedes ver a crónica pinchando aquí. Tamén colgaron unha semana despois a crónica do partido da semana pasada. Un partido que dende Burgas viran así.
O seu rival sale do Leis vs Marcón no que as de Leis xa ganaran en Marcón por 1 a 3 pero aínda descoñecemos o resultado da volta. Acaba de informarnos Barca Toba que Leis ganou 5 a 2.
A outra semifinal sera a Funeraria Apóstol vs Fisober. As santiaguesas ganaron por 3 a 2 e 5 a 3 xa a semana pasada e xa esperaba o seu rival. E o Fisober pasou este fin de semana ca súa victoria por 5 a 4 sobre o Guntín.
Na Copa de Provincial descoñecemos os resultados do Amarelle B vs Manureva e do Mabegondo vs O Pino.
Na fase de ascenso a División de Honra o Amarelle caeu na casa fronte o Centelles por 1 a 5 compricandose moito o ascenso.
Noutra das eliminatorias de ascenso o Collado Villalba tamén caia na casa fronte o Roldán por 3 a 9.
Na última das eliminatorias polo ascenso a Honra o UCAM Murcia perdeu 2 a 3 na casa fronte o Alcorcón.
Recordamos que si alguén coñece algún dos outros resultados de Copa Provincial ou Autonómica que me informe de todas maneiras tentaremos conseguilos. Os novos resultados poñereinos en comentarios.
Leis vs Marcón. 5 a 2.
ResponderEliminarNa Copa de Provincial , Amarelle B vs Manureva. 0 a 2.
ResponderEliminar