AMARELLE B : Anabel, Alba, Peke, María e Cruz ; tamén
xogaron : Cris, Uxía e Laura.
FISOBER B : Natalia,
Patri, Noelia, Myrella e Ylenia ; tamén xogaron : María, Iria e Cris.
Árbitro e Mesa : David Ruiz e Maryluz Mendoza.
GOLES : 1-0 María, 2-0 Cruz, 2-1 Myrella, 2-2 Noelia, 2-3 Noelia, 3-3 María, ( descanso ), 4-3
Cruz, 5-3 María, 5-4 Patri.
Na maña do domingo disputouse no Pavillón do Barrio das
Flores da Coruña o partido de volta dos
cuartos de final da Copa de Provincial, un partido que viña salvo miragre
decidido co 3 a 10 para as de Amarelle B na ida disputada en Vimianzo o que
propiciou un partido vistoso.
O filial do Fisober chegou o partido cunha extrana mezcla de xogadoras debido as numerosas baixas que acumulaba e ata vio como a xogadora de campo Natalia formou na portería.
O partido non podía empezar de mellor maneira para as
locais, xa que os tres minutos unha combinación entre Cruz e María remataba con
gol desta última.
E solo un minuto despois Cruz roubaba e marcaba o dous a
cero en tan solo catro minutos.
As visitantes comenzaron a carburar despois dos mazazos
iniciais e os nove minutos combinaron
Patri, Noelia e Myrella para que Noelia vira como Anabel despexaba o seu remate.
E solo un minuto despois unha recuperación de Patri que enviaba a Myrella a cal
facía o primeiro gol visitante.
Os doce minutos era Iria a que pasaba o balón a Noelia quen
de media volta facía o dous a dous. O igual que para as locais dous goles case consecutivos
empataban o encontro.
Os dezanove minutos unha combinación entre Patri e Noelia
era de novo freada por Anabel. A resposta non se fixo esperar e Peke vía como
Natalia enviaba a saque de esquina.
Camiño dos vintedous minutos un roubo no área de Patri quen
cedeu para Noelia quen lle daba a volta o marcador de maneira momentánea
facendo o dous a tres.
Nos últimos minutos
as locais voltaron a tomar o mando pero a debutante na portería Natalia
desfacía as súas ocasións, e cando non era ela foi o longueiro o que a axudou.
Pero no último minuto unha perda das visitantes era aproveitada de novo por María para devolver a igualada cando se chegaba o tempo de lecer.
A segunda metade comenzou como a primeira con ocasións para
os dous equipos. A primeira foi unha combinación das visitantes Ylenia e Noelia para que esta enviase fora. E
a resposta local foi o instante un balón longo que chegou a Cruz e desfacía a
igualada.
Co paso dos minutos as ocasións e o ritmo foron decrecendo por parte dos dous equipos.
Os once minutos combinaron Myrella e Patri para que parase Anabel.
Os catorce foi de novo a local María a que facía o seu
terceiro na conta particular e o quinto para o seu equipo.
A partir de este gol as xogadoras do Fisober fixeron un último esforzo na búsqueda de cando menos igualar o partido.
Os dezanove minutos un roubo de Patri e
o seu posterior tiro foi enviado por Anabel a saque de esquina.
Non foi ata o último minuto cando Patri facía o definitivo
cuarto gol para as visitantes pero xa non quedaba tempo para a igualada.
Destacar que as múltiples baixas das que dispuña o filial do
Fisober obrigaron a xogadora de campo Natalia a ocupar a portería por primeira vez na súa vida onde fixo unha
moi meritoria laboura.
CRÓNICA DE AMARELLE.
CRÓNICA DE AMARELLE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario