RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” – VIAXES
AMARELLE B. 3-10.
FISOBER B : Martina,
Patri, Ana, Inés e Laura ; tamén xogaron : Catti, Myrella, Iria, Tamara, Cris e
Natalia.
AMARELLE B : Anabel, Alba, María, Cruz e Uxía ; tamén
xogaron : Peke, Laura e Cris.
Árbitro e Mesa : Gerardo Pájaro e Yayo Pájaro.
GOLES : 1-0 Ana, 1-1
María, 1-2 María, 1-3 Uxía, 1-4 Cris, 2-4
Ana, 2-5 María ( descanso), 2-6 Uxía, 2-7 María, 2-8 Peke, 2-9 Cruz, 3-9 Myrella, 3-10 Peke.
A tarde do sábado voltaba a competición o filial do Fisober
no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Provincial ante un Viaxes Amarelle
B que venceu de forma contundente e deixou máis que encamiñada a eliminatoria.
O Fisober B presentou de saída a dúas habituais do primeiro
equipo como Patri e Ana e as dúas xogadoras máis xóvenes do plantel as cadetes
de primeiro ano Inés e Laura.
Comenzaron ben as do
Fisober B, e así os dous minutos Patri probaba
dende lonxe a Anabel. A resposta foi por parte de Cruz os catro minutos
pero Martina tamén atallaba.
Os cinco minutos despois do lanzamento dun saque de esquina
o balón chegou a Ana no borde do área que lanzou para batir a Anabel e poñer as
locais en vantaxe.
Pero todo mudou os sete minutos cando unha perda na saída de
balón era aproveitada por María que encarou a Martina regateouna e marcou o gol
da igualada. O peor foi que nesa mesma
xogada a porteira local Martina nun mal xiro tentando evitar o gol caeu lesionada de novo no xeonllo dereito non podendo continuar o partido.
A lesión foi un
mazazo para o equipo que se mostrou dende este momento moi impreciso e nervioso
trala perda da súa porteira. A pesar
desto un minuto despois unha combinación
entre Ana e Inés foi detida por Anabel.
No minuto once de novo María roubaba para poñer o segundo
para as visitantes. E nese mismo minuto era Uxía a que poñía o terceiro. No doce de novo Uxía casi fai o cuarto.
Un cuarto gol que si fixo Cris os quince minutos, co cal o
cadro local viuse obrigado a pedir tempo morto para frenar a
sangría.
E algo melloraron as locais, xa que primeiro unha
combinación entre Myrella e Patri rematou cun perigoso lanzamento desta última.
E no minuto 21 Inés filtrou un espectacular pase para Ana que de vaselina acurtaba
distancias para o dous a catro.
Pero solo un minuto tardou o Amarelle B en voltar a aumentar
as distancias xa que de novo María facía gol para o dous a cinco.
Aínda así antes de chegar o tempo de lecer Patri e Laura
combinaron para que esta última lanzara rozando o pau.
A segunda metade tivo moito menos ritmo e moitas máis
imprecisións, aínda que curiosamente os mesmos goles que na primeira metade eso
si repartido de diferente maneira. Os catro minutos unha falta que sacaba Ana
para Patri que lanzou e Anabel paraba
sin excesivos problemas.
No minuto seis Uxía
marcaba o sexto gol visitante e os dez era de novo María a que facía o
sétimo para as visitantes. Dada a amplia desvantaxa o cadro local decidiu arriscar con Ana de porteira-xogadora.
Os trece minutos unha dobre cesión local era aproveitada por
Peke que convertía despois dunha xogada de pizarra a falta indirecta. E os
dezaoito minutos Cruz facía un novo gol para as visitantes.
Co partido totalmente roto Myrella facía de volea un auténtico
golazo para poñer o terceiro gol no electrónico local. Pero as visitantes aínda
fixeron un último gol cando Peke roubou e lanzou dende o seu campo aproveitando
o ataque de cinco local.
O partido de volta según informaron dende o Viaxes Amarelle
disputarase na Coruña na maña do vindeiro domingo 20 de Maio.
A mala noticia do partido foi a posible recaída da
porteira Martina na súa anterior lesión
de ligamentos no xeonllo dereito, está a espera da evolución da mesma. Era o
terceiro partido dende a recuperación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario