MUXÍA C.F. : Jose
Antonio, Carrera, Miguel Camarón, Currás ( minuto 46 Jose Ramón), Pataca (
minuto 46 Arxires ), Gerardo, Ziro, Raúl, Peski, Felipe ( minuto 65 Antoniño ),
Martinciño.
CORCOESTO : Siro, Pablo, Miguel, Edelmiro, Germán, Longo,
Javi, Miguel, Martín.
GOLES : 1-0 minuto 24
Pataca, ( descanso ) 1-1 minuto 49 Longo, 1-2 minuto 69 Miguel , 2-2 minuto 76 Peski.
O Muxía rematou esta tempada na Arliña escribindo unha nova
páxina negativa nesta tempada. Foi incapaz de ganar a un equipo que chegou e
xogou con solo nove xogadores, que para máis inri tivera partido de Copa da
Costa o día anterior e incluso tivo tantas ou máis opcións de levarse o
partido.
O Corcoesto prantouse na Arliña con solo nove homes pero que
decidiron deixarse ata a última gota de sudor no campo e competiron con
valentía ata o final, cousa que non fixeron os locais.
Dadas as vantaxes que tiñan os seis minutos o local
Martinciño prantouse ante Siro pero non foi quen de superalo enviando o meta
visitante a saque de esquina.
Os visitantes non renunciaban a ter as súas oportunidades e
apesares de ter o vento en contra os oito minutos unha xogada por banda dereita
chegou para que rematara Martín que errou
o máis doado.
O Muxía non era quen de botarlle o dente a un Corcoesto ben
colocado, e non foi ata que os 24 minutos Pataca en xogada personal prantouse
ante Siro e puxo en vantaxe os seus.
Fruto do gol chegaron os mellores momentos locais con
ocasión para Peski os 26 minutos. Pouco despois chegou o momento de Siro que
fixo dúas grandes intervencións a tiros de Peski primeiro e de Gerardo despois.
Os 32 minutos era Currás quen remataba fora de cabeza con
todo o seu pracer. E no minuto 41 de novo Siro aparecía ante un lanzamento
lonxano de Ziro.
Pero os visitantes non renunciaban e tiveron dúas ocasións
clarísimas antes do tempo de lecer primeiro Martín erraba de novo o máis fácil
e despois un compañeiro un man a man ante Jose Antonio.
A volta do tempo de lecer lonxe de virse abaixo os
visitantes, que xogaban con nove controlaron mellor o partido axudados polo
vento a favor. E xa no minuto 47 casi igualan o partido.
Algo que lograron os 49 minutos cun lanzamento lonxano de
Longo que se tragou Jose Antonio.
Incrible pero certo un equipo con nove igualaba a un de once. Os minutos foron
pasando e os visitantes non pasaban apuros.
E no minuto 69 un lanzamento de falta con novo erro de Jose
Antonio provocou o 1 a 2 para os visitantes.
E pudo ser peor si o visitante
Martín non se fixera un lio nunha contra e despois de pasarlle a un compañeiro
erraran a porta vacía. E máis ocasións para os visitantes.
Ata que no minuto 76 o local Peski encaraba para igualar o
partido.
Nos últimos minutos ocasións claras para os dous equipos,
pero o resultado non se moveu. O que non quedou claro foi si eran os visitantes
ou os locales os que xogaron todo o partido con dous homes menos.
Chegouse o final cos xogadores visitantes derrumbándose
exhaustos polo gran esforzo que lles valeu un máis que merecido punto,
antollase pouco bagaxe para o traballo que fixeron.
Destacar que dous xogadores do Corcoesto xogaron con petos o
non traer camisetas todos. Algo como o vivido este domingo na Arliña mostra
claramente que a Liga da Costa parecese cada vez máis a unha Liga de Peñas, do
Muxía mellor non falar pero era algo que se vía vir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario