RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CONCELLO DE
GUNTÍN : 5-4.
FISOBER : Paula,
Patri, Olalla, Noelia e Barca ; tamén xogaron : Ana, Nuria, Myrella , Eva e
Ylenia.
GUNTÍN : Jessica, Paula, Noe, Laura e Patricia ; tamén
xogaron : Nerea e María del Carmen.
Árbitro e Mesa : Emilio Losada e Inma Silva.
GOLES : 1-0 Patri, 1-1
Laura, 1-2 Noe, 2-2 Barca ( descanso
), 2-3 Noe, 3-3 Nuria, 3-4 Laura , 4-4 Barca , 5-4 Patri.
Partido de volta dos cuartos de final da Copa de Autonómica
disputado o sábado en Vimianzo, no que a relaxación e o exceso de confianza
puxeron contra as cordas o Fisober que tivo que sudar ata os minutos finales
para clasificarse para unhas semifinales onde se enfrontará o Funeraria Apóstol
.
Os primeiros minutos xa marcaron como ía ser o partido viose
que a porteira local Paula tivo que aparecer para desfacer as ocasións de Laura e Noe.
Algo que parecía solucionado cando unha combinación en
ataque das locais remataba co gol a pracer de Patri, co que aumentaban a
vantaxe de 3 a 2 que traían de Guntín.
O partido pasou a ser monótono e aburrido, agraviado pola sensación de bochorno que se vivía no
pavillón. Un ritmo que viña mellor as visitantes e no cal contaxiaron as
locais. De feito o único destacable durante boa parte da primeira metade foron
os problemas de xeonllo que vivio Ana que a obrigaron a tan solo disputar un par de minutos .
Despois desta longa laguna no xogo, solo unha ocasión os
doce minutos por parte da local Myrella fixo saír do letargo a xente, ademáis
dun balón que sacou a local Noelia baixo paus.
Pero os problemas para as locais comenzaron cando nos dous minutos
seguintes , primeiro Laura e logo Noe cun pouco de fortuna daban a volta o
marcador dando vida a eliminatoria.
As do Fisober decidiron espertar e no minuto dezaseis Noelia
tivo un lanzamento o pau o cal non tardaron en respostar as visitantes pero
Paula atallaba con seguridade. A falta de dous minutos para o fin da primeira metade de novo Noelia
tiña unha nova opción.
Cando se chegaba o último minuto foi Barca a que puxo o dous
a dous no electrónico e na última xogada
antes do tempo de lecer Patri e Barca dispuxeron de magníficas oportunidades
para poñer en vantaxa as súas.
O Fisober comenzou un pouco máis enchufado na segunda
metade, os catro minutos era Patri a que lanzaba o pau e na continuación Nuria
vía como Jessica paraba o seu lanzamento. Os seis minutos era Barca a que tiña
unha ocasión ante Jessica que comenzaba a ter un escuro protagonismo para as
locais.
Todo empeorou cando a visitante Noe facía o dous a tres e
igualaba a eliminatoria, dende este momento todo o mundo se enchufou dende as
xogadoras ata o público conscientes de que se entraba nun novo escenario .Unha
xogada individual de Nuria igualou o partido a tres tan solo un minuto despois.
No minuto once chegou unha xogada que puido ser clave na
eliminatoria. A local Patri facía o catro a tres despois dun saque de esquina un gol que entrou
con suspense e de forma extrana pero
claramente. O colexiado entendeu que o gol entrara por un inexistente furado na
rede e non deu validez o gol ante o asombro das xogadoras locais. Destacar que
unha vez finalizado o partido e nun acto que o honra admitiu o erro e pedio perdón por unha xogada
que pudo cambiar o signo da eliminatoria.
As xogadoras do Fisober aínda en estado de shock por tal
situación virón como Laura casi na xogada seguinte de lanzamento de falta que tocou nunha
xogadora facía o tres a catro que
deixaba as da Costa fora da competición.
Momento de zozobra das locais que se tiraron a por un gol
para clasificarse con máis corazón que cabeza, no que gozaron de ocasións pero
tamén virón como a súa porteira Eva tiña que asumir un inexperado protagonismo.
Ata que a catro para o fin un balón perdido no área
aproveitabao Barca para igualar o partido e poñer as súas por diante na
eliminatoria. Guntín decidiuse pola porteira – xogadora facendo que Eva tivera
que aparecer de maneira salvadora.
Pero eso tamén provocou ocasións para as locais que non
tiveron o froito do gol ata que a dous para o fin Patri fixera o cinco a catro
e deixara un certo marxe de erro o Fisober.
Dende aquí ata o fin ocasións para os dous lados e unha
sufrida clasificación para un Fisober que durante catro minutos viuse fora da
Copa e das semis onde espera o Funeraria Apóstol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario