O amigo o valenciano e socio do Valencia , Joaquín " Ximo " Calvo Saavedra , tamén coñecido como " O Notario ", xogador na actualidade do Soneira de veteranos( pasou por moitos equipos alá por onde o foron destinando, incluso foi xogador do Muxía ) e que se atopa en Polonia para disputar dende hoxe a Eurocopa de Notarios, enviounos está semana un artículo sobre o fútbol inglés do que é un gran namorado.
"FOOTBALL
: DOUS AUTÉNTICOS XENIOS"
(BILL
SHANKLY & BRIAN CLOUGH)
Para os que creen
que inventaron o fútbol:
Cando en 1959
o escocés Bill Shankly aterriza no Liverpool, tras unha interesante aínda que
non espectacular carreira como futbolista, poucos imaxinaban que os reds, entón
en Segunda División, ian a conseguir en pouco tempo dominar, non solo a Liga
inglesa, senón todo o fútbol europeo sucedendo os dous xigantes da década, o Ajax de Cruyff e o Bayern Munich de Muller, Beckenbauer e Maier.
Bill, non foi o
adestrador dos ingleses nas súas
primeiras tres Copas de Europa (a quinta e última de momento é a de Rafa Benitez no banco o día da remontada fronte o Milán)
era outro mito, seu sustituto Bob
Paisley, pero sin dúbida as bases de aquel éxito proviñan de aquel escocés
lenguaraz, descarado, divertido e tremendamente involucrado no seu traballo, un auténtico motivador.
Non sólo subió o
Liverpool a Primera, sinón que modernizou
o concepto de clube, deulle identidade propia, cambiou tódalas estructuras, dende Anfield, ata as
divisóns inferiores..creou o Liverpool tal e
como o coñecemos na actualidade. De paso, fixo tres veces
campeón de liga , dúas da FA Cup e catro da supercopa, ademáis de ganar o primeiro título europeo do equipo, la UEFA do 73.
Súa foi tamén la
idea do cartel a saída do mítico
estreito túnel do vestiario "This is Anfield".
Súa estatua, hoxe preside a entrada de Anfield,
coa lenda "El fixo a xente feliz"
O ano seguinte
Bill deixa o cargo en mans de un de seus moitos admiradores Bob Paisley, un home da casa, metódico,
tímido, seguidor das ideas de Bill ata as últimas consecuencias a pesares do
distinto do seu carácter, "sólo"durará no cargo 9 anos nos que conseguirá 20 títulos (O
Liverpool en 120 anos de historia non tivo máis que 19 adestradores, como os equipos
españoles vamos...).
Eles son, quizáis os dous personaxes máis importantes da
historia red, e os máximos responsables de que cando se fale de Liverpool, a
xente pense inmediatamente nos Beatles
e nun equipo de vermello , por moito que se cabreen os que xogan de azul na outra
marxe do rio Mersey.
Algunhas
frases para o recordo de Bill Shankly:
"En Liverpool solo hai dous grandes equipos, o Liverpool e os suplentes do Liverpool"
"Si o Everton
xogara no xardín da miña casa, correría as
cortinas"
"Cando me aburro, miro a clasificación cara abaixo para ver o Everton"
"¿Que alineación vou
a sacar? Non vou a dar esa
información os do Milán, si por min fora, non se enterarían nin da hora do partido"
"Molestame cando a xente di que o
fútbol é cuestión de vida ou morte, é
moito máis importante que eso"
"Si tes o
balón dentro do área, metea na
porteria e despois xa discutiremos as opcións"
"¿Que fas vendándote o xeonllo ? ¿teu xeonllo ? Ese non
é teu xeonllo, ese xeonllo é do Liverpool"
"Tamén pasei malos momentos aquí, unha vez estivemos
segundos!"
"Si non podes
apoiarnos cando empatamos ou perdemos,
non nos animes cando ganemos"
BRIAN CLOUGH .
Cando en 1975 o
inglés Brian Clough aterriza en Nottingham,
tras unha curta carreira de futbolista (goleador tremendo 267 goles en 296
partidos) truncada por unha lesión e unha carreira como adestrador plagada de
historias turbulentas, puocos imaxinaban que os do Forest,
entón en segunda división, ian a conseguir en pouco tempo ganar non solo a liga inglesa, sinón dominar o
fútbol europeo de finales dos 70.
Brian é un ególatra incurable, Shankly dixo del "Cando falo con ese home, non sei si
está borracho de alcohol ou do seu propio ego".
Colle o Derby County en segunda división, acabao ascendendo
e facendo campeón de liga por diante dos todo poderosos Leeds
e Liverpool. Chega a semifinalista da
copa de Europa, onde é eliminado pola
Juve "esos tramposos e ladróns,
cobardes italianos a os que machacamos na guerra mundial" declara.
É idolatrado pola afición, sin embargo seu
enfrentamento cos directivos por culpa da súa necesidade de controlarlo todo, de mandar, de facer o que
lle de a gana, seus desmáns televisivos, levao a dar un paso inesperado.
Dimite e acepta a oferta dos seus archienemigos do Leeds
United, a os que acusou de todo durante aqueles anos, para sustituir a
un mito en Leeds, Don Revie, que
abandonou Elland Road camiño da selección inglesa.
Seus 44 días o fronte
dos brancos dan para un libro e para unha película (non esaxero, existe en realidade, chámase "Damned
United" e é de obrigatoria visión para calquer futboleiro).
Vale que os feitos
están novelados e que foi denunciada pola súa familia por difamatoria, pero o certo, debeu de ser a leite aquela relación de vestiario.
“ Vostedes ata onde
eu sei roubaron todos os títulos" parece que di na súa charla inicial e claro dende entón facer a cama a un adestrador
en Inglaterra chámase "facer un Clough".
Pelexas, insultos, agresión e cese / dimisión ben pagada. Estancia en Brighton para adestrar un terceira e
camiño a Nottingham xunto a seu inseparable segundo Peter Taylor
Un equipo sin demasiadas aspiracións que catro anos
después ganou a liga contra entre outros o poderoso Liverpool de Paisley e o mái
s incrible, dúas Copas de Europa
consecutivas.
Clough, un enfermo do traballo , un
maniático, un tolo de fútbol, un
motivador excepcional...
Súa estatua
preside hoxe o centro de Nottingham
e a grada principal do City Ground leva seu nome...
Algunhas
frases para o recordo de Brian Clough:
"É certo que
Roma non se construio nun día..porque non me deron a min o traballo"
"Hoxe é un día espantoso…….. para o Leeds" (tras su dimisión/cese del Leeds)
"Cando un xogador quere discutir algo conmigo,
sentamos , falamos vinte minutos e o
final decidimos que eu teño
razón"
"Si o balón tivera que ir polo ceo, Deus hubera
posto céspede non nubes"
"Non é certo que Trevor Francis sexa o primeiro xogador que
costou un millón de libras, na realidade costou 999.999"
" Non vou decir que sexa o mellor adestrador do
mundo, pero dende logo estou no top
one"
No hay comentarios:
Publicar un comentario