LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : F.C. MEIGAS – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”.0-7.
F.C. MEIGAS : Nanny, Katia, María, Andrea Gómez,Raquel ; tamén xogaron : Amanda, Andrea Cutrín, Ely e Melisa.
FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva e Alba.
ÁRBITRO E MESA : Gerardo Pájaro e M. Jesús Mallo.
GOLES : 0-1 Barca, 0-2 Patri, 0-3 Noelia, ( descanso), 0-4 Ana, 0-5 Barca, 0-6 Barca, 0-7 Myrella.
Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Bertamiráns unha pista especialmente maldita para as do Fisober ante unha das súas particulares “bestas negras” e que conseguiron gañar con solvencia, continuando líderes en solitario unha semana máis.
Despois duns primeiros cinco minutos de letargo e vixiancia por ambos equipos, as visitantes decidiron buscar o gol intensamente.
Foi así cando os cinco minutos Elsa e Patri tiveron unha dobre ocasión para adiantar as da Costa no electrónico. Un minuto despois foi de novo Patri e tamén Barca as que viron como a porteira local desbarataba as súas ocasións.
A seguinte en tentalo era a capitana visitante Ana a que tiña a súa opción como preámbulo do gol. Así os oito minutos un pase filtrado por Patri para Barca que recibiu de costas e dándose a volta adiantou as visitantes.
Pero solo un minuto despois as locais por medio de Raquel tiveron a súa ocasión para igualar pero a porteira visitante Paula desfacía o perigo.
Fisober quería aumentar diferenzas e Noelia mediada a primeira metade gozaba dunha ocasión para conquerilo. Nese mesmo minuto dez Patri despois dunha excelente xogada personal facía un autentico golazo para poñer o 0 a 2 no tanteador.
A resposta local foi por medio dun forte disparo de Andrea Cutrín que pegou no pau os doce minutos. As do Fisober seguían atacando e así Noelia e Olalla tiveron a súa opción de atoparse co gol.
As locais non se rendían e aproveitaban un erro visitante para ter unha triple ocasión que foron ben solventadas pola súa porteira Paula. Unha Paula que a cinco para o fin tivo que intervir de novo ante Katia.
Os últimos minutos foron os minutos das ocasións da xogadora do Fisober , Noelia, que ata en dúas ocasións se atopou ca porteira local. Pero a terceira a trinta segundos para o tempo de lecer non erraba e poñía o 0 a 3.
A segunda metade seguiu coa mesma tónica da primeira. Foi así de inicio Ylenia a que gozaba da súa ocasión. Case de seguido foi Myrella a que a tivo.
Os minutos foron pasando e Barca tiña dúas opcións de gol nos minutos sete e oito, pero non lograba o seu obxectivo. Tampouco foi quen Ana en primeira instancia os dez minutos.
Pero solo un minuto despois a mesma Ana facía o cuarto gol visitante e nese mesmo minuto Barca facía o quinto do seu equipo. Unha Barca que non paraba e mandaba o balón o pau.
Os trece minutos a mesma Barca facía o sexto do Fisober e o terceiro na súa conta particular.
Aínda quedou tempo para que Myrella aproveitara un pase de Ana nun saque de esquina e mandara as redes o definitivo sétimo gol visitante.
Dende aquí ata o fin unha nova ocasión para Noelia , e unha porteira visitante Eva que paraba unha perigosa falta, respostando con solvencia e seguridade o escaso traballo que tivo.
A nota curiosa foi que o Fisober tivo que estrear súa equipación vermella para evitar similitude dos cores das camisolas, un vermello que lle deu sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario