RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – CONCELLO DE MOS: 6-1.
FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca ; tamén xogaron : Elsa, Noelia, Ylenia, Myrella, Olalla, Eva e Alba.
MOS : Asun , Silvia, Vanesa, Marga e Sara; tamén xogaron : Katty, Adriana, Isabel e Melisa.
ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Yayo Pájaro.
Un Pavillón de Vimianzo ateigado e entregado unido a un Fisober enorme foron a simbiose perfecta para que as da Costa se queden a solo tres puntos do título de Liga Autonómica a falla de tres xornadas despois de golear este sábado o segundo clasificado o Mos.
Conscientes da importancia do partido os dous equipos saíron totalmente concentrados a pista, pero as locais tentaron impoñer o seu ritmo e o seu xogo.
As primeiras ocasións foron para elas e así unha chegada por banda de Patri tivo que ser enviada a saque de esquina pola visitante Asun. E casi sin tempo para respirar era Barca a que tiña a opción de abrir o marcador.
As locais seguían o seu e Nuria de forte disparo poñía a proba de novo a Asun os cinco minutos.
Pero rondando os oito minutos de partido chegaron os mellores momentos visitantes a contra que foron ben freados pola meta local Paula. Primeiro foi a visitante Silvia quen recuperou para despois tentar sorprender dende lonxe por encima.Despois foi a perigosa e bulliciosa Vanesa quen se topou con Paula.
Chegábase o intermedio desta metade e de novo Barca non atinaba para adiantar as súas. A resposta visitante non se fixo esperar e de novo Vanesa non era quen ante unha inmensa Paula.
Parece que estes sustos puxeron en alerta a un Fisober que decidiu non dar máis marxe de maniobra as visitantes neste tempo e lanzouse na busca do gol. No minuto trece primeiro Ana lanzaba para que atallase Asun e despois era o turno de Barca.
Achuchaban cada vez máis as locais ata o punto que despois dunha xogada de Patri as de Mos case fan gol en propia porta. E tanto foi o cántaro a fonte que a cinco para o fin as visitantes cometeron penalti.
Nos últimos minutos deste periodo buscaron un segundo gol sin descanso, dispuxeron de ata tres contras finalizadas por Nuria pero que non tiveron o premio do gol.
E na última xogada antes do tempo de lecer unha contra a desesperada xa que remataba o tempo petou en Elsa e foise amodiño a rentes do pau.
A saída da segunda metade as visitantes decidiron dar un paso adiante conscientes de que se lles escapaba a Liga. Pero como na primeira metade fora Paula nesta segunda Eva tamén estivo inmensa. Ningunha das dúas deron un alo de esperanza o rival.
Os catro minutos Barca tiña a ocasión para o segundo local. A resposta visitante foi por medio da pivote Katty que bateu no pau de Eva. Pero o partido xa collera un ritmo endiañado e Nuria topou con Asun na contra.
E claro tocaballe disparar as visitantes pero Eva era un muro infranqueable. A resposta do Fisober deulle a opción a Elsa e Ana. Corrían os minutos nun sin vivir e chegaron as últimas grandes opcións no ida e volta para as visitantes pero Adriana ata en dúas ocasións non pudo superar a Eva.
Todo mudou e se clarificou cando os oito minutos Barca facía o segundo gol local ante o delirio do público.
Xa que logo as visitantes pediron tempo morto e optaron pola porteira –xogadora como última nave para seguir vivas na Liga. A ruleta rusa foi un manxar para as locais, cada roubo era unha opción de perigo clara, así Nuria ou Patri probaron sorte dende propio campo.
Incluso a porteira Eva estivo en varias ocasión preto do gol. Solo a sete para o fin un disparo da visitante Katty se foi de novo o pau.
Pero o Fisober a contra era mortal e Barca facía o cuarto a sete para o fin. Mos seguía co ataque de cinco e o premio tiverono cun tiro cruzado de Vanesa a cinco para o fin.
Puro espellismo xa que a catro para o fin un roubo de Ana propiciou o seu tiro dende propio campo para poñer o quinto e casi deseguido Nuria facía o sexto.
Dende ahí ata o fin festa nas gradas, e un par de dobre penaltis para as locais nos pes de Noelia e de Ylenia que mandou o seu lanzamento o longueiro.E os dous equipos desexando xa o fin.
O final do partido desatou a festa nas gradas e deixou a solo unha victoria do título de Liga Autonómica o Fisober.
CRÓNICA DO MOS.
CRÓNICA DO MOS.
Agracedementos a Nuria Señorita que nos pasou parte das fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario