RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – A SALINA : 0-6.
FISOBER B : Catti, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Laura, Cris, Natalia, María Maroñas, Nuria e Loly.
A SALINA : Alicia, Inés, Merche, Carmen e Leticia ; tamén xogaron : Uxía, Sandra e María.
ÁRBITRO E MESA : Vicky Mosquera e Irene Lojo.
GOLES : 0-1Inés , 0-2 Merche , 0-3 Leticia, ( descanso), 0-4 Inés, 0-5 Sandra, 0-6 Merche.
Demasiado castigo o que recibiu o filial do Fisober no derbi fronte A Salina de Esteiro , nun choque cheo de bo ambiente e deportividade, que serviu de entrante para o Fisober – Mos de Autonómica.
As do filial do Fisober saíron dispostas a prantar cara as de Esteiro e seguir ca súa melloría e boa imaxe das últimas semanas e certo que o conseguiron a pesares do abultado resultado.
Os dous equipos xogaron sin presión e tentando disfrutar e por eso o partido foi vistoso. Os catro minutos despois dun saque de esquina e uns rexeites as visitantes adiantabanse no electrónico.
Pero as locais non se rendiron, comenzaron a combinar e tentar poñer en apuros a meta defendida por Alicia.
Despois dun saque de banda foi a local Inés a que se atopou un pasillo e fixo intervir a meta visitante para evitar a igualada.
Case de seguido unha boa combinación das locais rematou cunha gran ocasión para a súa capitana María.
Pasaban os minutos e as locais seguían cómodas sobre a pista, combinando na busca da igualada que non chegaba.
Ata que a falta de oito minutos para o tempo de lecer as de Esteiro aproveitaronse dunha imprecisión local para poñer máis terra de por medio co seu segundo gol. E a dous para o fin Leticia poñía o terceiro para as de Esteiro e unha difícil lousa para o filial.
Aínda así saíron con gañas de meterse no partido e tralo tempo de lecer, seguiron tocando e combinando para conseguilo pero non foron quen de logralo e eso que tiveron opcións para elo.
Mediada a segunda metade foi a visitante Inés a que facía o cuarto e pechaba definitivamente as esperanzas locais.
Dende aquí ata o final o partido abriuse un pouco máis e os dous equipos dispuxeron de ocasións pero solo as visitantes foron quen de materializalas, a falta de dez minutos Sandra fixo o quinto. E no último foi Merche a que marcou despois dun disparo lonxano.
O vindeiro sábado o Fisober B tocalle descansar na competición. O seu próximo enfrontamento será fronte A Fervenza aínda sin data fixa.
Imaxes de outros partidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario