LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” – MESÓN RIO ULLA : 8-2.
FISOBER : Eva, Elsa, Nuria, Olalla e Noelia ; tamén xogaron : Patri, Ana, Barca, Myrella, Ylenia e Alba.
MESÓN RIO ULLA : Alejandra, Ainoa, Vanessa, Alba e Lucia, tamén xogaron : Cristina, Valeria, María, Laura, Doris e Ivanca.
ÁRBITRO E MESA : Jose Rey e Laura de la Iglesia.
GOLES : 1-0 Elsa, 2-0 Ana; (descanso), 3-0 Patri, 4-0 Noelia, 5-0 Nuria, 6-0 Patri, 6-1 Ainoa, 7-1 Patri, 8-1 Elsa, 8-2 Ainoa.
O Fisober solventou o compromiso co colista e chegará líder os enfrontamentos directos que as esperan nas próximas semanas.
Xa os dous minutos Nuria tiña a primeira ocasión local que foi enviada a saque de esquina por Alejandra. E no saque do mesmo Elsa facía o primeiro gol local.
Os tres minutos era Olalla a que se atopaba ca porteira visitante e nos seguintes minutos foi Noelia por partida dobre a que non foi quen de aumentar diferenzas. Pasaban os minutos e a pesar das ocasións o resultado seguía a ser exiguo, os oito minutos foi Patri a que tivo a súa ocasión.
Pero cando mediaba esa primeira metade desperezaron as visitantes e puxeron o medo na porta defendida por Eva. Primeiro por medio de María e despois do saque dunha falta foi Valeria a que case consigue a igualada.
Conscientes de non querer vivir máis sobresaltos chegaron novas ocasións locais na busca de ampliar distanzas. Primeiro foron Ana e Patri as que non foron capaces e despois Myrella.
Cando acariñábamos os once minutos Ana foi quen de facer o dous a cero. E case despois do saque de centro Patri aumenta aínda máis as diferenzas pero errou.
Pasaban os minutos e unha falta lanzada por Ainoa enviouna o longueiro a porteira local Eva para evitar o primeiro gol visitante.
A resposta foi por medio das xogadoras do Fisober , Myrella e Nuria pero o terceiro gol non chegou.
Mesón non se rendía e Vanessa puxo de novo a proba a Eva. Aínda que antes do tempo de lecer Noelia disfrutaba da última ocasión local.
A segunda metade comenzou como a primeira cun novo gol local case de saída, desta vez foi Patri a que aproveitou un roubo de Ana para poñer o terceiro no electrónico.
Despois duns minutos sin apenas sobresaltos nas porterías, os seis minutos cando Patri ía facer o cuarto atopouse coa súa compañeira Barca na traxectoría cara o gol e evitouno, ela non quería pero nas últimas xornadas parece ter un extrano magnetismo cara o balón, e case sin tempo a respirar Myrella atopabase co pau .
Tanto ía o cantaro a fonte que os once minutos Noelia facía o cuarto para as do Fisober despois dunha combinación con Alba. Chegaron de novo minutos de ocasións locais, primeiro Alba, logo Elsa, seguido de Patri o pau e mesmo Nuria.
Unha Nuria que a cinco para o fin facía o quinto para o Fisober. Sin tempo para saborealo case, Patri fusilaba para o sexto.
As visitantes decidiron sacar porteira – xogadora e obtiveron premio case a primeira por medio de Ainoa.
Pero foi un espellismo xa que o momento as locais facían o sétimo cando nun forte pase de Patri a Nuria esta última o deixaba pasar sorprendendo a porteira visitante, aínda que o colexiado llo apuntou a Nuria esta última non tocou o balón.
Os riscos tomados polas visitantes fixo que Patri rebañara un balón e probase sorte dende o seu campo, ìndose o esférico lambendo o pau.E na seguinte un roubo de Elsa propiciou que ela mesma marcase o oitavo case a pracer. Para rematar cun segundo gol visitante de novo por parte de Ainoa.
Destacar que cando parecía que o Fisober contaría de novo con todo o plantel ca volta de Nuria despois de case dous meses lesionada, unhas molestias impediron participar a Paula fronte o Mesón Rio Ulla.
CRÓNICA DO PARTIDO PRIMEIRA VOLTA.
CRÓNICA DO PARTIDO DO ANO PASADO.
CRÓNICA DO PARTIDO PRIMEIRA VOLTA.
CRÓNICA DO PARTIDO DO ANO PASADO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario