" O sol sempre brila encima das nubes."
Novas, comentarios, frases, rt, pero sobre todo vaciladas cos colegas sobre o Real Madrid , Madridismo en Galego , pero noutra "Era" tamén Luigi no deporte e na Costa.... Muxía, Fisober ..........
jueves, 1 de junio de 2023
martes, 30 de mayo de 2023
Corvineta.
O Muxía ven de pasar rolda de Copa da Costa despois de igualar a un no partido fronte ó Soneira con gol de Mauro, os visitantes igualaban no desconto e gañar nos penaltis por cinco a catro, marcaron Michael, Eloy, Anxo, Fran e Maikel. Pero comeuse 120 minutos e as importantes lesións de Adrián e Manu.
Para a semana toca, Bertamiráns en fase de ascenso e Xallas en Copa ( supoñemos que no exilio novamente). Pero dende o club informan:
domingo, 28 de mayo de 2023
O día que Tere Abelleira.....
viernes, 26 de mayo de 2023
O Moucho. Rosalía de Castro.
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo
¡ Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!
Undécima- Oderint Dum Metuant.
Pois cando menos críamos que podía pasar vai o Chus Ma Team e levanta a Undécima Copa de Europa de Basket, unha Euroliga para sumarse as catorce en fútbol e facer 25 entre os dous grandes deportes de equipo.
miércoles, 24 de mayo de 2023
Vini.
Estoupou definitivamente o tema Vini, e claro como xa deu o volta ó mundo agora a xente rásgase as vestiduras e recolle cable. Nos somos os culpables, non sabemos comportarnos como sociedade e solo vemos cos nosos cores. Como me di sempre unha persoa que me quere moito, si como sociedade sinaláramos sempre o que se salta os pasos de peóns, os que tiran cousas o chan, non recollen os excrementos do can, a primeira rebótanse pero se sempre llo din igual se lles cae a cara de vergoña, pois aquí o mesmo. Xustificamos o noso e criticamos os outros.
martes, 23 de mayo de 2023
O gran Camiño. Muxía.
Pois xa temos rival e camiño para o Muxía na busca do ascenso a Primeira Galicia. Iniciamos o noso Gran Camiño o domingo as 17 horas fronte ao Cacheiras. Vamos encher a Arliña o domingo, bo lugar para pasar o día das municipais.



