martes, 27 de agosto de 2024

Pinceladas e curiosidades. #Pucela.

 O Real Madrid gañou por tres a cero o domingo ó Valladolid, pero o partido non foi bo, vamos deixar unhas pinceladas e curiosidades  sobre o partido. Un partido que vamos a ver semana a semana na Liga e que non temos recursos para enfrentalo, moi lícito ollo, fan ben cada un xoga co seu.



Debut de Mbappé no Bernabéu pero nin el nin o equipo fixo un bo partido. Resulta curioso co sapoconcho non tivera xogadores que construiran dende a base en Parigi e agora que alí ten a Neves e Vitinha, aquí temos moitos problemas para construir.

Do domingo non me gustou, nin a movilidade sen balón, nin o reparto de espazos, todo isto cando xogaron os titulares, despois algo mellor, fiando todo a melóns dos centrais e o que puideran xerar eles. Non xerar nada contra un recén ascendido é algo preocupante.

De Tchouameni temos que comezar a falar xa. Un medio do Madrid ten que mandar mais, nin o vexo exhuberante físicamente, nin domina o balón, moi pouquiño. De feito cada vez vexo máis coma central. Igual o que temos que fichar é un medio e non un central.

Botamos moito de menos a Cama e a súa mobilidade e fluidez, un home que rompe liñas co balón sempre é importante nun equipo coma o Madrid.

No Madrid moita conducción sen sentido e pouca capacidade de asociarse. En partidos coma o do domingo vamos a botar de menos o noso Joselu. Xogando a dous por hora é imposible gañarlle a ninguén. Contra un equipo coma o Pucela que non fixo nada, un que teña un par de cousiñas, ollo. Pero bueno a actitude dos xogadores foi penosa.

Cada vez vexo máis difícil que xoguen os tres de arriba xuntos e máis se pasan de todo. En ataque a facer toquiños e cousas absurdas e sen axudar en defensa.  De feito houbo unha xogada na que estaban os tres en fora de xogo aínda despois de recuperar o equipo en campo propio, pensan que así vamos a algún lugar. Igual temos que voltar ó 1-4-4-2.

Demos moita pereza, xogo plano, insulso e lento. Con dous medios que non aportaron nada con balón, a ver si Fede se solta porque confío nel, pero claro o rapaz ten que estar en tódolos lugares e así non se pode. Non se pode xogar ante un equipo que se pecha e posicionado, se teus medios teñen medo a arriscar a propoñer, con mentalidade de central random, se non arriscas algo non che da. Fede é moi importante pero hai que liberalo algo para que poda facer outras cousas, por algo é o que sempre xoga, deus queira que non se lesione.

Toni Kroos era importante pero tampouco vamos a compadecernos eternamente, moitos equipos estiveron estes dez anos sen el, e dominaron o balón e gañaron títulos, ollo. Vai ser curioso como soluciona ó Carletto isto da saída de balón dende atrás, porque cos centrais tirando misís dende atrás non vamos ir moi lonxe. Domingo todo dependía de Carvi, Rudi e Mili, a partir deles partía todo e non tiñan o día tampouco.

Se lle xuntas que Carlo xamais tivo un equipo preparado para afogar e trincar ó rival na saída do balón e tácticamente ó rival, pois máis difícil todo. Se aínda están ca toalla e as chanclas peor. Porque tirando bicicletas tontas, taconciño e bobadas varias, sen moverse e tentando todos entrar polo mesmo sitio, sen ofrecerse, o tema está na busca do fracaso final. Damos unhas vibracións fatais, de galacticidio total, por sorte xa amarraron a Supercup. 

Vini por exemplo o que defendo sempre estivo moi mal domingo e Rodrygo tivo un pase a Vini para empuxala e pola falta de concentración non foi quen de darllo, moita falla de atención en ataque e defensa, do sapoconcho tamén. Rodry ten que andar ó seu e non pensar e facer o que non debe porque ten envexa dos outros dous, o equipo e o Bernabéu agradecerallo. Hai que traballar por moito nome que teñas. Lukita berrou con eles un par de veces por tomarse todo a risa, remates de fanfarróns e defensa nula.

Despois meu querido Guler que non fixo tan mal partido coma din, pero se non se che move ninguén arriba e os medios son incapaces de darche un balón que rompa liñas e non moven ó equipo, pois pouco che deixan.

Pero non todo é malo, aparecen os Brahim, Endricki e tamén apunto a Guler aquí, xente con gañas, que non tes que darlle os minutos da basura cando todo está perdido. Si lles das trinta minutiños e ademais co rival xa cansado polo titulares, ollo poden rompela, que para iso está o banco. De feito eu xoves poñía ós tres e dáballe un tironciño de orellas os de arriba. Xogadores con gañas de tirar ca porta e de baixar e subir. Brahim xa o aportou o ano pasado e volta a casiña de saída, non é xusto esto tampouco. Os revulsivos poden sumar  e si entran no campo antes do minuto 87 olliño que igual ata remontan partidos.

Importante máis tres, nunha Liga que vai ser moi compricado co Atleti e o Barça que van facer que haxe que ter 90 puntos para levala.  Xoves tamén sorteo desta nova Champions a ver como vamos de rivais e datas.

A ver que vemos xoves e domingo antes do parón, pero eu algo rotaba. O céspede parece que estaba ben, a ver como vai aguantando no hipoxeo.

Anteriormente:

Equilibrio e cousiñas.

Lei sapoconcho.

6 Supercups.

Apuntiños 24-25.


#RealMadrid #RealMadridCF













No hay comentarios:

Publicar un comentario