lunes, 19 de agosto de 2024

Mbappe´s Law.

 Toca aproveitar un gran artigo de Santiago Calvo para dar luz sobre este tema e recordar un pouco ós anos de estudos en Economía, do que tanto nos están a enganar coma sempre co Real Madrid e Flo.



Vamos a fusilar un artigo de Santiago Calvo sobre o tema en La Voz de Galicia:

A medida explicanos: " É unha deducción do IRPF que ten coma beneficiarios ós contribuintes non residentes. É dicir, ofrécense condicións fiscais para que veña carto de fora. Estas deduccións aplícanse polas inversións que se realicen en vehículos coma accións, compra de débeda pública ou privada ou participación en fondos de inversión. 

Debido a que ó IRPF está cedido ó 50% as CCAA, estas teñen potestade para modificar certos elementos do tributo, ..., coma tipos impositivos ou deduccións ou bonificacións. A única medida que deben ter é manter a progresividade do tributo.

O incentivo que pretende introducir Madrid, porque aínda lle queda que leirar, consiste nunha deducción do 20%  do valor da adquisición de accións, débeda ou participación directa en calquer tipo de entidade.

Esta inversión debe efectuarse no mesmo ano no que se adquire a residencia, e manterse polo menos seis anos na cartiera, ( salvo que se vendan os títulos e se reinvirta a totalidade do importe obtido en menos dun mes).

Por exemplo, un extranxeiro que gaña 10 millóns de euros ó ano trasládese a CCAA de Madrid, a cota a pagar polo IRPF  sería ó redor de 4,5 kilos, dos cales 2,25 corresponden ó tramo autonómico. Si perante ese mesmo ano compra accións polo valor de 1 kilo, podería deducirse da cota 200.000 euros. É dicir, en vez de pagar 4,5 kilos, pagaría 4,3, si quixese deducir a totalidade debería invertir ó redor de 11 kilos....

Polo tanto non é unha lei pensada para deportistas, porque obriga a manter a residencia e a inversión perante seis anos..."

De momento Kyli firmou cinco anos, despois do seu salario bruto tan solo podería aforrarse o tramo autonómico se cumpre tódolas condicións, polo tanto de momento coma sempre enlamar contra ó Madrid.

Do que non nos falan é de que certo club xa ca Liga comezada sigue sen presentar as contas da tempada anterior. Non sabemos como lles deixan inscribir xogadores así. Pouco nos falan tamén do cupo autonómico de certas CCAA que lles permiten pagar máis ós xogadores e nas que un novo acordo de goberno pode beneficiar a outra.

Tampouco que fixeron que unha Tv lles pagara o fichaxe dun dianteiro brasileiro pero para que un "ninquén" lles fixera informes arbitrais pagaron dezaoito anos sin protestar, ata que chegou o "Bar" por certo, daquela finiquito.

A comunicación é a base de todo din, pero realmente é a comprensión,  porque podes dicir todo o que queiras, pero se alguén non está disposto a entender, seguirá sendo un caos.

É absolutamente esgotador tentar razoar con alguén que se cre en posesión da verdade absoluta en todo, nos deixamos isto na busca de respostas noutro senso, porque aquí gústanos escoitar pero claro temos as nosas ideas.

Anteriormente:

Economía e Covid.

Asamblea . 

O señor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario