SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
V.P. SOTO DEL REAL – FISOBER F.S.F. :
8-0.
SOTO : Elena,
Patricia, Ana B., Senis e Coral ; tamén
xogaron : Martica, Patri, Laura e Tayra.
FISOBER : Leti,
Inés, Ana, Noelia e Tamara ; tamén xogaron : Andrea Muíño, Raquel e Laura.
ÁRBITROS : Miguel
Sánchez e Ángel Gómez ; CRONO : Vanessa Rodríguez.
GOLES : 1-0
Noelia en propia porta, 2-0 Coral, 3-0 Patri, 4-0 Senis ; ( descanso ) , 5-0
Tayra, 6-0 Tayra, 7-0Patri, 8-0 Patri.
Visitaba na tarde
do sábado a pista do Soto del Real o equipo do Fisober e repetiu o resultado da
primeira volta un contundente 8 a 0.
A pesares das
baixas, do longo viaxe e do difícil do rival o equipo non se rendiu en ningún
momento e loitou ata o final a pesares do resultado. Nun partido que por primeira
vez viaxaron xuntas a un desprazamento a domicilio, Laura, Andrea Muíño e
Tamara. E que tivo a curiosidade que o Fisober vestiu de vermello moito tempo
despois.
As locais saíron
moi fortes conscientes da importancia dos puntos se queren volver a División de
Honra, buscando as opcións de promoción ca que están a loitar co Valdetires
galego.
O partido foi de
dominio local, cunhas visitantes
tentando sacar algo a contra. Os catro minutos un desafortunado rexeite de
Noelia entraba sen remisión na porta de
Leti, que realizou un gran encontro ante o acoso local.
A pesares do
dominio e das ocasións o resultado permanecía inalterado desde ese minuto,
grazas o excelente traballo defensivo e o esforzo do Fisober. Ata que a cinco
para o fin desta primeira metade Coral facía o segundo.
Ante o acoso
sufrido o Fisober decidiu arriscar ,
mesturando atacar de cinco tras este gol, con repregue, e
conseguir ter algo de posesión de balón e sufrir algo menos. O principio sorprendeu e tivo algunha que
outra ocasión. Pero as locais aproveitaron os riscos para poñer o terceiro e
cuarto , obra de Patri e Senis nos dous derradeiros minutos.
Na segunda metade
mesmo guión dominio local e o Fisober mesturando de vez en cando o ataque de
cinco. No minuto tres e catro desta segunda metade Tayra facía dous goles para
o seis a cero.
A pesar deso as
costeiras non se rendiron e continuaron a traballar durante todo o partido,
buscando algunha ocasión que lles fixera estrear o electrónico. O que si
chegaron foron dous novos goles de Patri
case consecutivos a falla de seis para o fin, que puxo o definitivo oito a
cero.
Dende aquí ata o
final ocasións para ambos lados pero o resultado non se alterou.
En definitiva
gran experiencia para as xóvenes xogadoras do Fisober que sufriron e a vez disfrutaron de enfrontarse a un rival dese nivel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario