SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER F.S.F. – VALDETIRES FERROL F.S.F. : 0-5.
FISOBER : Leti, Ana,
Inés, Noelia e Laura ; tamén xogaron : Mai, Raquel e Tamara.
VALDETIRES :
Nerea, Sheila, Alba, Diana e Belén ; tamén xogaron : Eva, Erika, Ale de Paz,
Andrea de Paz, Iria e Jenny.
ÁRBITROS :
Alfredo Castro e Rubén Ferrero ; CRONO : Javier Sánchez.
GOLES : 0-1 Eva,
( descanso ), 0-2 Erika, 0-3 Erika, 0-4
Alba, 0-5 Erika.
Partido disputado
no Pavillón de O Conco de Dumbría na tarde do sábado xa que o Pavillón de
Vimianzo estaba ocupado ca xuntanza dos maiores.
Necesitaba tres
puntos para acadar a permanencía o Fisober e non era o mellor dos visitantes
para acadalo, un recén descendido e xogándose praza para a promoción de
ascenso, parecía un difícil rival.Aínda así tentouno o conxunto costeiro.
Os dous
equipos saían a pista moi necesitados .
Dominio visitante e unhas locais que tentaban crear perigo a contra.As
departamentais dominaban o partido pero non poñían en excesivos apuros a meta
defendida por Leti grazas o excelente traballo das súas compañeiras.
Así foron pasando
os minutos , ata que no sete apareceu Eva para adiantar as visitantes. A
pesares do gol pouco mudou o guión do partido. Dominio visitante e bo traballo
defensivo das costeiras esperando a súa oportunidade.
Co resultado de
cero a un chegouse o tempo de lecer.
Na segunda metade
pouco mudou o escenario. As visitantes seguían a ter o control do balón
pero sen
moito perigo sobre a porta local.
No minuto 27
produciuse a xogada que puido ser chave no partido, unha contra das costeiras
pillou despistadas as visitantes e Raquel tivo a oportunidade para igualar o
electrónico, pero o seu lanzamento foise cruzado por pouco.
A resposta
visitante non se fixo esperar e solo un minuto despois Erika sacaba a súa zurda
e facía o cero a dous, e máis cando
dentro do mesmo minuto a mesma Erika facía o terceiro gol visitante e mataba o
partido. O golpe moral e o físico foi moi duro para as costeiras.
Co paso dos
minutos acrecentouse o dominio visitante. A cinco para o fin Alba facía o
cuarto e a tres para o fin Erika, que chegou a ser internacional con España a
tempada pasada, completaba a súa tripla
de goles.
Rematando o
partido co cero a cinco definitivo.
Agradecer o
Concello de Dumbría polo exquisito trato
recibido e por tódalas facilidades dadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario