LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : VILLA
DE CEE F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. : 2-2.
VILLA DE CEE :
Belén, Adriana, Alba, Andrea e María Dumbría ; tamén xogaron : Sandra, Marta,
Carla e María Lijó.
FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño,
Andrea Muíño e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Andrea Piroja, Antía e Paula
Lema.
ÁRBITRO : J.M.
Carreira , CRONO : J. Fernández.
GOLES : 1-0
Andrea, 1-1 Laura, ( descanso ), 2-1
Tamara en p.p. , 2-2 Laura.
Partido xogado na
noite do venres no Pavillón de Cee adiantado o a vindeira xornada 25. O filial
do Fisober aprazou o partido correspondente a xornada 24 que o debía enfrontar
o C. Meca herculino.
O derbi costeiro
adiantábase a noite do venres de mutuo acordo entre os dous equipos, nun
partido que resultou ser igualado , que non se decidiu ata o último segundo e
que tivo unha parte para cada equipo.
Arrancou ben o filial
do Fisober , que quixo o dominio do balón de saída, vendo como as locais preferían
esperar para saír a contra.
A pesar do
dominio visitante iso non se traducía en ocasións moi claras. Tampouco as
locais chegaban con excesivo perigo a contra. Así ían pasando os minutos sen
moverse o electrónico.
Ata que mediada
esta primeira metade un lanzamento despois dun saque de banda de Andrea
adiantaba o conxunto local.
Non desesperaron
as visitantes tentando igualar o electrónico, que ademais perdían por lesión a
infantil Paula Fandiño. E foi a catro minutos para o tempo de lecer cando
despois dun lanzamento de saque de banda Laura aproveitou o rexeite para
igualar o partido.
Saían os dous
equipos dos vestiarios despois da igualada da primeira metade. Pero cambiaba o
guión, as locais decidiron ir a polo partido e arriscaron máis.
Pasaron a levar o
dominio do partido as locais, pero o igual que na primeira metade para o filial
do Fisober as ocasións non eran demasiado claras. A máis clara un lanzamento o
trabe de Andrea.
Pasaban os
minutos e o resultado non trocaba, ata que unha desafortunada xogada de Tamara
introducía o balón na súa propia porta e desfacía a igualada a falla de sete
minutos.
Debía de asumir
riscos o filial e as locais tentaban sacar vantaxe da situación. Pasaban os
minutos e parecía que nada ía trocar. Ata que nos últimos segundos o filial
decidiu sacar o xogo de cinco.
E por unha vez
despois de tantos partidos que se escapaban pola mínima a fortuna quixo
aparecer para o filial, xa que un lanzamento de Laura no último segundo fixo
xustiza e deixou a igualada no electrónico.
Co cal o xoven filial,
participaron 2 xogadoras infantís e 3 cadetes as cales sempre aportan o seu gran de area, acumula tres xornadas sen perder por primeira
vez na tempada, mostrando a súa mellor faciana nestas derradeiras xornadas. Parece que xogar de branco as 2 últimas xornadas deu sorte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario