Temos tanta
polémica ca selección española que un servidor tamén vai dar a súa opinión, que
menos non, tanto que se fala do respeto
ultimamente.
Sinceramente non
critiquei a lista de Del Bosque, xa
que as lesións ( Valdés, Thiago, Navas ... ) e as baixas formas a final de tempada ( nesto poderíamos incluir a moitos dos que están ) , evitáronlle moitos
problemas o Marqués. Salvando a Carvajal, Llorente, Gabi e quizais Isco , pero
que tampouco melloraban enormemente o que foi , como premio para esta
xeración que nos dou todo, pois acepto a situación.
O que si dixen
dende un primeiro momento é que moitos xogadores están moi queimados e
había/hai que mover moito o equipo, cambiar 3 ou 4 mínimo cada partido. Tamén
dixen que non me parecía lóxico xuntar nunha alineación a Busquets, Alonso e
Xavi.
Dende a premisa que estes xogadores acadaron o
inimaxinable, que sempre estarán na nosa memoria e quizais serán eternos, o
que non me poden dicir e que non se poden criticar. Crítica constructiva e
coherente pero podemos criticalos, faltaría máis. E non é faltarlles o respeto
é a esixencia do deporte profesional, nin máis nin menos.
Que pasa que non
son español se digo que a segunda metade fronte a Holanda foi deplorable. Que
non respeto a estes xogadores si o comento, por favor. Solo estou a dicir que o
seu mellor momento xa pasou e que hai que misturar xeracións, non podemos xogar
co mesmo 11 eternamente. Gento gañou 6 Copas de Europa pero que
eu sepa non sigue xogando no Real Madrid. Sei que é difícil xestionar o cambio pero pincelada a pincelada pódese
facer.
Está claro que hai moita xente esperando a Del Bosque e a
Casillas, que lla teñen gardada pero eu non son un deses. Aínda que me da moita rabia esa campaña de amiguismo montada
dende a prensa, como son amigos non podemos criticar o que se fixo mal e tildan
os que o fan de non-españois, en fin.
Parece que non
recordan todo o que queimaron a Clemente
cando o fixo mal ou a Zubizarreta no
Mundial 98. Zubi tamén merecía un respeto non( parece que daquela non
existía o respeto ), era o xogador con máis internacionalidades ca selección
naquel momento, pero o seu momento xa pasara e Clemente equivocouse e
criticáronlle moitas cousas con razón pero eses mesmos non me poden vender agora
a moto dende o outro lado. Ou o
“respeto” mostrado con Arbeloa, para
Álvaro si hai barra libre.
O que máis risa me
da foi o de algún director de periódico e amigachos que lle poñen a culpa a Mou
do de Casillas, incrible. Para respostar a isto vou falar dun tweet que vin o
outro día e que me encantou, falaba de cómo afrontaron Felipe Reyes e Casillas
os problemas con Messina e Mou. Mentras Felipe mellorou en moitas facetas do
xogo, Iker segue a cometer os mesmos erros que fai 10 anos pero o problema é
que as pernas van a menos.
Con Mou puido ser
un problema persoal aínda que eu dixen sempre que o principio foi un toque de
atención que despois pasou a ser persoal. Pero o de Carlo foi simple, Diego arrancou cun mes de vantaxe nos
adestramentos e Iker non foi quen de recuperalo.
En definitiva un
servidor quere que gañe España, pero dende
a crítica constructiva mellórase, deixándose ir veñen os batacazos.
O que me trae a
conto a soberbia dos periolistos
españois, menosprezando a Van Gaal e a súa sapiencia futbolística, o seu
fútbol e os seus xogadores. Mal vamos se non saben recoñecer o grande que é Van
Gaal un autentico crack pero como non nos cae ben pois os periolistos o seu. Eu xa estou espectante co novo United que vai crear. Se os análises periodísticos foran en
función do que ven e non de quen son amigos mellor nos iría.
Para rematar, que
menosprecen agora a Chile tamén. A miña alineación está clara, e vai moito en
función do rival que presiona moi arriba, deixa moitos espazos atrás e ten
xogadores de baixa estatura, pero tamén de que hai xente que non está para dous
partidos por semana. Iker, Azpilicueta,
Martínez, Ramos, Alba, Busquets, Koke, Alonso, Pedro, Costa, Iniesta. Silva
foi dos que máis me gustou fronte a Holanda e non descartaría o falso 9 de
Cesc, pero Costa e Pedro son velocidade o espazo e vamos necesitala. Pero si
entran Cazorla, Cesc ou calquer outro tampouco me importaría o que ten é que mover a xente. E a ver se non menosprezamos tamén a Chile.
A ver si o Marqués me fai caso e Vamos España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario