Despois de tres anos sempre dubidando da capacidade de Laso, agora que parece que o van a
chimpar, teño as miñas dúbidas se vai
ser a mellor solución desfacerse del.
Miro tres anos
atrás e vexo un equipo en total e absoluta
descomposición, como me facían tolear , en fin. Todos pensabamos que Messina ía ser a panacea e rematamos
vendo como dimitía e deixaba unha sombra sobre a sección.
Laso dende a nada e a desconfianza total nel acadou devolvernos o sitio do que
nunca debemos marchar. Acadou 1 Liga, 2
Copas e 2 Supercopas quizais 3 non recordo ben. Perdeu dúas finales de Liga
co Barça e perdeu dúas finales da Euroliga, despois de eliminar o Barça en
ambas semifinales. Pero o máis importante devolveu a ilusión e o bo xogo a
sección. Baixo estas premisas case debería seguir ,non ? Ademais esta
tempada estivo chea de records e un xogo espectacular, pero como sempre digo no
Real Madrid o que queda para o recordo son os títulos , é así de simple.
Por outro lado
tamén podemos pensar, que puido gañar as dúas Ligas que perdeu, a pesares de
ter menor presuposto co Barça sinceramente creo que puidemos e debemos ganalas,
así de claro. Gañar a Euroliga é moi difícil, e non tíñamos o maior
presuposto, pero tivémolas a “güevo” ou como se diga, perdemos as
dúas finales contra equipos entre comiñas “peores”
ou polo menos “moi gañables”. Son dos que pensa que tal e como se deron
as cousas este equipo puido marcar unha época. As Ligas vinas a tiro e as Euroligas ,cas 2 debacles do Cska e a
do Fenerbahce, tamén. O cal me leva a pensar que Laso non responde
nos grandes partidos, que lle falta algo e que nestes tres anos non aprendeu,
apenas mellorou, caemos unha e outra vez nos mesmos erros, con estas premisas hai que chimpalo , non ?
E aquí chegan as intrahistorias desta tempada que solo saben os de dentro e que nos solo intuimos
do que vamos observando:
-Case tiramos ca Copa nun minuto e con 7 arriba, tivemos
que gañala cunha tripla no último segundo. Defecto de adestrador ou da mentalidade dos xogadores ?
-Cales foron as razóns
polas que non se fichou tralas lesións de Carroll
e Draper.Fixeron moito dano , vimos
como chegou o equipo de mamado o final, bueno Draper dende o primeiro partido contra Oly non voltou a xogar, ben que se notou a súa baixa. Creo que
parte de perder estes dous títulos recae nesas baixas. Recordemos que o Barça ten un plantel de 14 tíos e sobre uns 10 kilos máis de
presuposto ca nos.
-Cales foron as
razóns polas que nos obcecamos cos absurdos records e non rotamos o suficiente. O igual que no fútbol se unha
xente xogou de máis e outra apenas xogou despois pasa o que pasa, cando che fan
falla nin uns nin outros están como debían.
-En Milán unha
táctica case copiada do ano anterior fulminounos, de novo algúns xogadores
e adestrador sinalados, mentalidade ?
-Que pasou despois
de Milán, para min foi un “pauaso” desde ese día o resto da
tempada apenas tivo importancia, creo que seguín máis as semis co Unicaja que a Final e a bo seguro
cabreime máis cos partidos de Málaga. Si para un servidor foi un pau non me quero
imaxinar para un equipo que o viu tan cerca e perdía a segunda Final consecutiva.
-Dende a Final
Four o equipo amargouse pero
especialmente Mirotic e o Chacho e sinceramente dende ese día non
rexurdimos. As outras claves de perder a Liga.
-Os problemas de Egos, foiselle das mans a Laso ?
Confía esta xente aínda en Laso ? Vese
con forzas e poder para enderezar a situación ?
-As decisións
tómanse en frío e con tranquilidade, non vaimos dar pasos cara atrás, eles
teñen esas respostas que nos non temos. A
miña gran dúbida con Laso é a súa presunta inoperancia nos grandes partidos. Nunca
mirei cara Laso con ollos de namorado que queredes que vos diga.
Con Laso teño esa sensación que tiña con Del
Bosque, paréceme que seus erros nos privaron de marcar unha Era pero xa vimos
como acabou todo despois da súa marcha, e a de Makelele ollo ! Pois hoxe teño
esa mesma sensación e si Laso é máis importante do que parece.
Agora quero que
opinedes vos, debe seguir ?
No hay comentarios:
Publicar un comentario