COPA PROVINCIAL
RESULTADO : A
FERVENZA B – FISOBER “B” F.S.F. : 2-1.
FERVENZA B :
Carla, Estefanía, Raquel Felpete, Raquel Rodríguez e Andrea de Paz ; tamén
xogaron : Natalia, Alejandra e Candela.
FISOBER B : Paula, Ana, Tamara, Paula Fandiño e
Laura ; tamén xogaron : Patri, Andrea e Noelia.
ÁRBITRO : Emilio
González , CRONO : José Fernández.
GOLES : 1-0
Estefanía, ( descanso ), 1-1 Tamara, 2-1 Estefanía.
Partido de volta
das semifinais da Copa Provincial disputado o domingo en Narón e o que se
chegaba despois da igualada a dous da semana pasada en Vimianzo.
O filial do
Fisober non puido acadar o pase a Final de Copa nun partido moi igualado que se
decidiu por pequenos detalles.
Arrancaron mellor
as de Ferrolterra ante un equipo da Costa moi nervioso nestes primeiros
minutos. Ese mellor comezo permitiulles marcar nunha contra os oito minutos por
mediación de Estefanía.
Co paso dos
minutos ían mellorando as da Costa pero
as locais estaban a facer un gran partido, esperando atrás e saíndo en
perigosas contras. E para colmo a falla de dous minutos a porteira Paula tiña
que deixar o partido cunha lesión nun dedo, co que Ana fixo de
porteira-xogadora.
Aínda así na
última xogada da primeira metade puideron igualar as visitantes , despois dunha
xogada de pizarra Tamara non marcou por pouco.
Despois do tempo
de lecer saiu en tromba o conxunto visitante consciente de que necesitaba dous
goles para mudar o signo da eliminatoria. Ademais voltaba Paula a portería
despois de colocar o dedo no sitio e cun forte vendaxe.
E chegaban
ocasión tras ocasión pero o gol non quería entrar. Ata que os oito minutos
Tamara nunha xogada chea de rexeites igualaba o partido. Pero perdían por
lesión as visitantes a Paula Fandiño.
A un gol estaban
as da Costa do pase e cada vez arriscaban máis, ataque a tumba aberta das
visitantes e perigosas contras locais. A falla de seis minutos chegou a xogada
polémica do partido cando o árbitro non apreciou man dunha xogadora local no
área nunha xogada moi similar o penalti final no partido de ida.
Cas visitantes
asumindo tantos riscos a falta de tres
minutos unha nova contra local, foi aproveitada de novo por Estefanía para
facer o segundo gol da Fervenza.
Dende aquí ata o
final as visitantes tentaron o gol que igualara a eliminatoria pero non foron
quen. Algunha que outra bágoa había na cara de algunha das xogadoras visitantes.
En definitiva
unha gran eliminatoria na que calquera dos dous equipos mereceron ser
finalista, pero desta vez caeu do lado das de Ferrolterra que realizaron dous
magníficos partidos cun excelente traballo.
Rematando así a tempada para todos os equipos do Fisober.
Na outra semifinal Estradense - Work . 3-2, finalista o equipo de A Estrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario