Que necesita o
Real Madrid para a 14/15 ? A visión dun servidor agora que entramos na
apocalipse de fichaxes, antes de que se faga ningunha operación, despois xa
chegarán os ventaxismos coma sempre.
De saída,
necesitar o que se di necesitar non necesitamos moito, hai unha serie de
matices a mellorar dos que falarei, pero
o plantel está bastante compensado.
O primeiro a mellorar é sen dúbida a utilización dos xogadores. Non pode ser que
en certas posicións xoguen sempre os mesmos. Sobre todo Cristiano ten que
aprender a dosificar esforzos durante o ano, non pode querer xogalo todo,
despois pasa o que pasa. Consciente ademais que Bale é un xogador moi
lesionable, as lesións rotaran por el.
Eu confío en
todos e cada un dos xogadores polo tanto hai partidos para todos, e despois
cando fagan falla estarán rodados e confiados de facelo ben. Rotar non é
cambiar os once o mesmo día, pero si 2 ou 3 dependendo do partido e sobre todo
no Bernabéu podemos permitirnos certas rotacións.
A segunda prioridade é manter / inculcar fame sen iso non hai nada que
facer.
O fichaxe prioritario é un medio e que teña xogo non un
destructor, que sexa complemento-sustituto de Modric. O nome é Kroos é o único nome que vou poñer
sobre a mesa, é unha debilidade, sempre me encantou como no seu día Luka e
Gareth que vou decir. Outra opción sería o sustituto de Alonso cousa imposible,
pero eu sigo confiando en Illarra e Casemiro cas súas diferenzas e
peculiaridades necesitan minutos para logralo, aquí ou cunha cesión pero
necesitan minutos.
Plantel pechado
para min se non hai saídas, co cal tocaría falar dos matices :
O primeiro matiz sería algunha saída. Si sae algún xogador hai que
traer un similar ou mellor a cambio así de claro. Non podemos deixar marchar
pezas e non traer a nadie, un equipo
tamén necesita clase media e utilizala que non se volva equivocar Florentino
por favor. Peza por peza. Si sae Khedira debe vir alguén similar e así
posto por posto, pero non desprenderse dun lateral por exemplo para fichar un
dianteiro, correcto ! Ou si sae Morata pois un dianteiro similar, non sei como
aceptaría Benzema a competencia de Falcao ou Cristiano e Bale outro chupón máis
na oficina.
Segundo matiz, as renovacións
e subidas de fichas. Para renovar ou pedir aumento de soldo primeiro hai que merecelo e segundo podes
subir un pouco na escala salarial do Real Madrid , non saltarte chanzos. Ca
Champions na man moitos pediran revisión de contrato, pero sen tolerías
pódeselle subir un pouco o soldo en caso contrario que traían unha boa oferta e porta, coñecemos ben cales poden
ser os casos.
Iso é algo que
manexa bastante ben Florentino, as
escalas salariais, non podemos hipotecarnos cos salarios como antigamente
ou coma o actual Barça, pero como dixen anteriormente o que non podemos facer e deixar marchar dous ou tres xogadores para
fichar un galáctico que moitas veces era innecesario e xogaba nunha
posición ben cuberta. Hai certos cambios de cromos que non vería razoables,
coma ter colección de mediapuntas iso que se nos da tan ben.
Finalmente o matiz da portería, eu
persoalmente chimpaba os dous e limpaba a dichosa polémica de semana tras
semana. Traía dous porteiros novos e comezaba de cero, medida traumática e
arriscada pero outro ano cun ou outro porteiro nas portadas a diario pode ser
insufrible.
Todo se resume en rotacións, fame, xente rodada e plantel
compensado, será posible ? 6 títulos en xogo, dende o 12 de Agosto na pomada e non se sabe cantos partidos, van facer falta todos.
Meus artículos sobre o Real Madrid.
Meus artículos sobre o Real Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario