martes, 1 de marzo de 2011

Nota de prensa de Fisober

COMPAÑERISMO, SOLIDARIDADE, FÚTBOL, COSTA DA MORTE, NON CAMBIAREMOS NUNCA.
O sábado xogabase un derbi na Costa da Morte entre o Fisober B e o Concello de Ponteceso na Liga Provincial de fútbol sala femenina. Colegueo entre adestradores, amizade entre as xogadoras de ambos equipos, todo perfecto ata que o adestrador do Concello de Ponteceso ó remate da primeira parte e co resultado de 3-0 a favor do Fisober solicitalle ós árbitros unha revisión de fichas xa que cree que a xogadora Nº 4 non ten licencia para competir en Liga senior.
O adestrador do Ponteceso ben sabe por boca dos adestradores do Fisober que a xogadora Nª 4 non ten ficha xa que é moi pequena (12 anos) para xogar na Liga Senior, si si, o que están leendo É MOI PEQUENA e por eso nos denuncian.
Levase disputada casi que ¾ de Liga, na primeira volta os adestradores do Fisober falaron cos equipos rivales e contaronlle o caso da xogadora Nº 4 “ Mira, tedes algún problema en que xogue esta rapaza, é infantil de 1º ano e nos non temos equipo de infantiles, polo tanto a única maneira de que xogue algo é co equipo senior, nunca puxeron ningún impedimento, nin o 1º clasificado nin o último e tampouco o Concello de Ponteceso, é máis, algún equipo como A Fervenza de Narón contestounos “ Eso no hace falta ni que se pregunte, de lo que se trata es de que jueguen las niñas”
Pois si, resulta que o único equipo que nos denuncia son os nosos veciños e “AMIGOS” do Concello de Ponteceso, penúltimos clasificados con 3 vitorias e 16 derrotas, 12 goles a favor e 87 en contra.


O Ponteceso esta no seu dereito a denunciar, ten toda a razón xa que o Fisober cometeu unha irregularidade, o que non sei é si esta no seu deber, eu creo que non, o que consigue con esta denuncia é ter tres puntos máis (12 en total), 3 goles máis a favor e 5 menos en contra, a posición que ocupa na clasificación non se ve alterada xa que non sube nin baixa ningún posto, pero o que si se ve alterado é a sua relación co Fisober que pasa a ser inexistente.
No Fisober sempre tuvemos claro que a finalidad no deporte é inculcar certos valores ás rapazas, como poden ser esforzo, eduación, respeto e neste caso que nos atañe compañerismo e solidaridade, preguntome eu cales son os obxetivos do Ponteceso ademais de facer deporte, esta claro que o compañerismo e a solidariedade non o son, competir creo que tampouco xa que os tres puntos que son o de menos os van a conseguir nos despachos
Desde o 2 de setembro do 2004, data na que naceu o Fisober, podémonos laiar de ir facendo amizades polas pistas de toda a provincia da Coruña e desde o ano pasado tamén polas pistas de toda Galicia, nunca tuvemos un so problema con ningún equipo, aplazaronse partidos, cambiaronse horarios, gañaronse e perderonse finales e a deportividade sempre estivo presente, pero cando menos o esperas voltas a realidade e daste conta na zona do mundo na que vives.
Unha frase moi famosa no mundo do fútbol di: o fútbol é asi, nos poderiamola cambiar e decir: no fútbol da costa somos asi, e asi nos vai
Cada un que saque as suas propias conclusións

Fran Toba Suárez
Presidente do Fisober C. Vimianzo

1 comentario:

  1. boas tarde acabo de ler o interesantisimo aritgo que vostede escribiu no seu blogger. Teño que dicir que lle dou totalmente a razon, eu como xogadora de futbol sala en senior teñome enfrentado a rapazas que eran infantis e nunca me pareceu mal e mais se non teñen equipo infantil,como di vostede e cuestion de pasalo ben e inculcar valores a rapazas que o unico que buscan e pasalo ben e facer amigas por todos os lados. Ainda que o Ponteceso estaba en todo o seu dereito, non me parece xusto que por culpa de un equipo con malas intencions prive a unha rapaza que non lle vai facer mal a nadie. E remato dicindo que a xente se anime a ir os partidos de futbol sala ou herba femenino que e un espectaculo chulo de ver!!

    ResponderEliminar