LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : C.F.S.F. O PINO – FISOBER “B“ CONCELLO DE VIMIANZO. 3-2.
C.F.S.F. O PINO: Belén, Milagros, Carmen, Laura e Vanessa, tamén xogou Bea.
ARBITROS: Álvaro Otero e Alex Vázquez.
GOLES: 0-1 Noelia, 1-1 Lara en propia porta, 2-1 Laura, 3-1 Carmen de penalti, 3-2 Noelia.
Partido con todas as letras o disputado na tarde-noite do sábado. Pola intensidade, emoción, bullicioso público e entrega dos dous equipos.
Afrontaban o reto de xogar o seu último partido fora da casa as xogadoras do filial do Fisober, xa que os 3 últimos farano como locatarias. Fixerono moi concentradas sabedoras do perigo que implicaba Laura unha das grandes goleadoras da liga.
Tan ben o fixeron que os cinco minutos un balón enviado por Myrella chegaba a Noelia que encaraba a Belén que en primeira instancia paraba pero a mesma Noelia aproveitaba o rexeite e marcaba.
Dende este momento as xogadoras do Pino tentaron asfixiar as visitantes cunha forte presión. As de Fisober pechando a chegada de balóns cara a Laura, sobre todo con Ylenia que lle fixo unha excelente defensa, defenderonse como gato panza arriba e os diferentes lanzamentos, sobre todo lonxanos eran ben repelidos ou pola defensa ou pola porteira Eva.
O moito e animoso público presente no recinto tentaba impulsar as súas pero as de Fisober aguantaron a presión e tentaron saír a contra perante unha primeira metade que chegou co 0-1 no luminoso para as visitantes.
Na segunda metade as locais saíron lanzadas e xa no primeiro minuto dispuxeron dun lanzamento o pau encendendo aínda máis os siareiros locais. As do filial de Fisober decididas a que era un día de sufrir en defensa, fixerono, para saír despois a contra cando podían. As de O Pino tentaban mandar balóns para Laura pero ou non chegaban ou eran taponados polas de Fisober. Laura e Vanessa monopolizaban o xogo ofensivo local.
Cando comenzaban a desesperar as locatarias unha xogada na que o balón chegou a Laura que regateou a Eva disparaba e con Lara baixo paus o balón por auténtica mala sorte golpeaba nela e poñía a igualada.
As de Fisober derón un paso adiante e presionaron máis arriba, presentando un partido máis entretido se cabe para os espectadores, con ocasións para os dous lados. Un balón que chegaba a Andrea Sendón que lle facía un sombreiro a defensa despois lanzaba por encima da porteira que tocaba e pasaba lambendo o longueiro.
A oito para o final outra contra de Fisober con balón a banda e pase atrás era desviado por unha xogadora de O Pino e o contrario do que pasara con Fisober o balón era desviado inextremis pola porteira local.
Todo cambiou un minuto despois a sete para o final cando Laura conseguía por fin o seu ansiado gol e por en vantaxa as locais. Desesperación nas de Fisober despois de todo o traballado. E aínda máis cando a catro para o final cando Carmen anotaba o 3-1 despois dun penalti.
Parecía todo perdido pero Fisober non se rendio e seguio empurrando. Acumulando ocasións ata o final. Así no último minuto Noelia poñía o 3-2 e as esperanzas voltaban a renacer.
O destino aínda tiña a 28 segundos para o final unha última opción para o empate pero non puido ser e despois dun partidazo os puntos quedaronse na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario