A nosa segunda entrevista no día de hoxe a cal faremos o xogador do Muxía , Dimas Búa, máis coñecido como Leivinha.
¿ Fútbol ou fútbol sala ?
Difícil decisión, xa que toda a miña vida xoguei o fútbol sala ata o segundo ano de cadete, e gústanme ambos. Dende fora, penso que si puidese ver en directo máis futbol-sala ten que ser un deporte espectacular, pero o fútbol como deporte rei e todo o que conleva con él, supérao.
¿ Deportista que admira ?
Dende sempre Valerón no corazón, pero no deporte en xeral podo nombrar como non a Nadal polo seu oficio e entrega, Gervasio Defer...
¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?
O mellor sen dúbida era cativiño, e foi lograr en balonmano a medalla de prata provincial ganándolle o Tirso de Molina de Ferrol e perdendo co Xiria de Carballo, eran tempos de duro entreno, entrega e disciplina con entrenadores que xogaron en ASOBAL, un luxo.
O peor pois podo resumilo nos continuos problemas de espalda que me traumatizaron durante 3 anos, dos cales moitos aínda se rian de min, e eu sufrin bastante, pero gracias a deus, agora aguantame máis, eu creo que era problema nervioso.
¿Unha manía cando xoga ?
Creo que non teño así a típica manía, so agora que o ter melena, si teño o flequillo moi largo fastidiame e teño que poñer unha banda ou algo pa que non me moleste, pero ahora solucionoo con gomina e listo, jeje.
¿Seu número favorito ?
No fútbol sala sempre o 2, e no fútbol costa decidirse entre tres, pero direi o 10.
¿Que pensa da tempada do Muxía ?
As expectativas creo que foron algo altas de máis sinceramente, e penso que menos uns últimos partidos nefastos (salvo Pereiriña), foi unha tempada normaliña, e penso que o obxectivo sería quedar 7º agora mesmo, e temos unha boa base de futuro que con xente que todos sabemos, ascenderiamos po ano que ven fixo.
¿Como deportivista , salvarase o Depor?
Sinceramente penso que si, aínda que vamos sufrir ata a última xornada, penso que si estamos moi apretados o público volcarase polo menos nos partidos da casa, para que SUDEN a camiseta e non den vergoña como na maioría dos partidos fóra que xogan andando.
¿Un partido que recordes especialmente dos que foi a Riazor ?
Non tiven a sorte de vivir grandes partidos xa que era moi pequeno e non tiña quen me levase, pero recordo un partido contra o Bilbao que Donato marcara un gol dende o medio do campo, e así recente recordo un 3-0 ao Valladolid coa volta de Valerón (tremenda ovación), na tempada de Xisco e a segunda volta espectacular que comezou con ese mesmo partido e pasamos do descenso a case chegar a UEFA.
¿Un partido que recordes especialmente do Depor?
A dúbida ofende... a remontada do Milán, vexoa unha e mil veces repetida en youtube e aínda se me poñe a pel de galiña.
O ano pasado Porto foi a cidade onde fixo o Erasmus, ¿que representou a experiencia?
Moi recomendable para calqueira alumno univesitario, xa sexa a Porto ou outro cidade, o Erasmus debería ser obrigatorio,jeje.
¿Recomenda que a fagan ?
Si como dixen arriba, moi moi recomendable, eso sí, moito ollo co papeleo e as materias que se poden facer en cada sitio, para aproveitar o ano tanto festivo como academicamente.
¿Practicou ou vio deporte en directo alí ?
Si, fun o estadio do Dragão, impresionante, a ver o Porto 1-1 Chelsea, pero partido aburrido no que só se xogaban o primeiro e segundo posto do grupo. En canto a afección, moi calada, fan máis ruido os Riazor Blues xD.
¿Túa maior virtude e defecto ?
A resposta é fácil porque é a mesma, a inocencia.
¿o maior placer da túa vida ?
O cariño.
¿Un lugar para vivir?
Creo que todos somos bastante ignorantes nesto para decidilo, porque hai miles de lugares no mundo que poderíamos disfrutar, solución: VIAXAR.
¿Un lugar para perderse?
Calqueira sempre que sea ben acompañado.
¿Película favorita?
Hai moitas boísimas e poderia nombrar varias, por decir unha "El club de la lucha".
Sabemos que lle gustan moito as series, ¿unha que queiras recomendar ?
A última que estou a ver e que me está gustando moito é "SONS OF ANARCHI"
¿Actriz/ Actor favorito?
Natalie Portman / Edward Norton e destacar a evolución de Di Caprio.
¿Grupo musical favorito?
Red Hot Chili Peppers por dicir un desde sempre, pero escoito moi variado e molan moitos.
¿Canción?
Antonio Vega - El sitio de mi recreo e Vetusta Morla - Valiente.
¿Libro ?
Son un mal lector, pero o último que lin fai pouco foi "El planeta de los estúpidos" do ex-presidente de Greenpeace España.
¿Comida preferida?
Depende do día podeme apetecer unha ou outra, pero o marisco nunca defrauda xD.
¿Personaxe fora do deporte, que admira?
Miña nai con moita ventaxa sobre o resto.
¿Un soño por cumplir?
Que siga sendo feliz e encontre a estabilidade en todos os sentidos, non teño soños imposibles, pero por exemplo volver a ver o Deportivo da época de estar entre os 4 mellores de España e vivir noites máxicas en Riazor. Ah olvidábame si que teño un soño, ascender co Muxía a segunda rexional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario