martes, 29 de marzo de 2011

Mesón Rio Ulla - Fisober. 4-8.


LIGA AUTONÓMICA
MESON RIO ULLA 4-8 FISOBER C. VIMIANZO
Pavillón Municipal de Vedra

Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Eva. Tamén xogaron: Andrea, Olalla, Alba e Barca


GOLES:

    1. Eva
    2. Patri
0-3 Barca
0-4 Patri
1-4
2-4
2-5 Elsa
2-6 Alba
2-7 Ana
3-7
3-8 Patri
4-8








CRÓNICA:
Gran partido o disputado polas rapazas de Vimianzo en terras santiaguesas. Non acusaron para nada o parón de duas semanas e nos 10 primeiros minutos de partido colocaronse cun 0-4 que puido ser ainda maior si non fora polo gran partido da porteira local que parou o imparable.

A segunda metade a tónica foi a mesma, un Fisober moi superior o seu rival e chegando en infinidad de ocasións a portería rival gracias sobre todo a gran movilidad das suas xogadoras.


A xogada do partido chegou co sexto tanto anotado por Ana que con catro paredes consecutivas con Patri desfixeronse de todas as súas rivais entrando co balón na portería provocando os aplausos do público ali presente.

Con 19 puntos de 24 posibles seguen ca súa excelente segunda volta as de Fisober e xa superan os 17 da primeira aínda con 6 partidos por disputar.

A vindeira semana o Fisober C. Vimianzo recibirá ó Cidade de Ourense, 3º clasificado, será o sábado no Municipal de Vimianzo ás 19:30 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario