martes, 4 de enero de 2022

Search Me: O medo de Carlo.

 Convocatoria de Copa cos Isco, Marcelo, Vallejo,  Mariano...., Pero sen os Miguel, Blanco, Arribas. Carlo e a T4 non entenden o que boa parte dos siareiros aborrecen, darlle oportunidades a ex xogadores e non aproveitar  e darlla os rapaces, ter contento o vestiario e cabreada a grada.

lunes, 3 de enero de 2022

RTMadrid: Pesadelo despois de Nadal.

 Voltan as pantasmas do Carletto dos seus baixóns a partires de xaneiro, que se suman aos temores do blog as poucas oportunidades a rapazada e as moitas aos retirados. Son algún dos do vinculantismo e busco outro equipo lonxe. De vacacións xogadores e adestrador, por certo volta o Alcoyano un ano despois. Agora os tuister stars:


domingo, 2 de enero de 2022

O ano do vinculantismo.

 Moitas contas de redes sociais madridistas levan tempo falando do vinculantismo e do que elo conlevará, as fichaxes de Mbappé e Haaland, perante este ano confirmaremos se son todo patrañas ou unha xenialidade de Flo. A ilusión do madridismo reside no fin do Covid, estas fichaxes, o Novo Bernabéu e sobre todo títulos.


martes, 28 de diciembre de 2021

Novo Arliña.

 Podemos confirmar dende o noso blog que nos vindeiros días se anunciará a todo trapo a remodelación do Municipal da Arliña, unha obra que non envidiará nada ao Novo Bernabéu, nin o Novo San Siro ( La Cattedrale).


martes, 21 de diciembre de 2021

Rt-Covid.

 Tal e como está a situación e as cabezas hoxe trocamos e vamos facer un RT sobre o Covid, pero non podemos seguir cas mesmas normas ca en marzo de 2020, non pode ser que un señor de Touriñan deba facer o mesmo ca un que vai cada día no metro de Madrid, hai que diferenciar.


lunes, 20 de diciembre de 2021

As "solucións" de sempre.

 Pouco máis dun ano despois da Chirigotada sublime voltamos a pinchar fronte ao Cádiz, dunha forma menos penosa pero erramos de novo.