martes, 7 de abril de 2026

Facts: Os nomes 26.

 Quería falar antes do desastre para non estar mediatizado. A culpa está na directiva, quedou claro que Xabi non tiña culpa e que lle fixeron unha camaza, tamén que se cagou e por eso a cagou.

Son dos que pensa que temos un problema de xogo máis ca de actitude, é dicir de aptitude. Un medio dinámico e un central deberían vir. Un adestrador o que lle fagan caso tamén. Esto non se arranxa ca saída de Fran, Ceballos e Alaba, pide lume.



Os rapaces podem axudar pero mon son a solución. Polo tanto si un día en liga nun partido hai que probar o lateral do filial polo e non moves de sitio catro xogadores. Pero non podes ter 12 do filial en plantilla senón valen. Poden ser da ficha 21 a 25, e despois ir xogando. Hai que ir movendo o plantel tamén, porque os suplentes e titulares acomódanse. É difícil ter dous equipos titulares, porque os "suplentes" quererán xogar máis como pasou cos Danilo, Morata..., pero hai que saber trocalos, pero tamén os titulares teñen que ter algo de medo polo sitio senón pasa o que vemos.

O de venda con repesca, non me disgusta, porque de outra maneira non lle teñen fe, e ainda así, malo. Hai que probalos aquí en Liga, xa vemos que os titulares non lles interesa.


Vamos:


Tibu, sinceramente era dos que pensaba que se estaba Ikerizando pero, ata a lesión era do pouco salvable do ano. Como para chimpalo.


Lunin, pensei que querería irse e miña opción para sustituilo era Joan García, quitandolle minutos a Tibu, pois non foi así. Suplente digno, mentrás queira seguir debe seguir. Excepto o día do City, non está a ter sorte nos seus partidos, moi aculado.


Carvajal, xa non lle da o corpo, a lesión matouno, para seguir tería que ser por catro pesos e papel residual, non o vexo.


Trent, lateral que necesita un ecosistema para el. Non defende nada, pero sabíamolo, non sei si o club o sabía. Un mini Marce por dereita, necesita competencia dura.


Mendy, o noso mellor lateral si fora quen de non lesionarse. Invendible, porque vive lesionado.


Fran García, non lle da, pero polo menos non ranquea. Algunha oferta terá.


Carreras, sempre nos parecío caro, pero empezou ben o ano, agora cheira a tufo, tera que quedar.


Militao, noso mellor central, pero fastidiaronlle a carreira forzando. Ten que quedar.


Rudi, se non vamos traer nada mellor hai que renovalo, polo menos ten sangue. Outro que mataron forzando, unha pena.


Alaba, as lesións retirarono, hai que traer un Top por el, non un Konate da vida.


Asencio, hai que chimpalo, non lle da. Por el pois ou Jacobo aínda que seguía dándolle un segundo ano no Como, ou un dos laterais - centrais do filial Valde ou Aguado.


Huijsen, outro que necesita un ecosistema, non é bo defensa pero da saída, necesita un titán o lado e que axude ou o medio ou os laterais, senón vénselle as costuras.


Cama, involución, solo lle vexo futuro aquí de lateral, unha pena porque lle quero ben. Vendible.


Tchou, pois do mellor do ano, pero necesita un medio xogón é dinámico o lado.


Fede, salvouno o último mes. Porque o crucei pola cama a Xabi. Non é medio creador como eu cría. Lateral ou en banda, non lle queda outra.


Ceballos, out, pero, é un dos que ten que sair, non é culpable da situación.


Guler, intermitente, pero dos poucos que da xogo, ten que quedar, titular indiscutible non.


Brahim, excepto os últimos partidos, temporada malísima, xa nin de revulsivo. Si o pagan out.


Mastan, non pode ser tan malo. Pero no seu día dixen que prefería a Cherki que saia barato ou traia a Nico, pero non e pasa o que pasa.


Endricki, gústame moito, ten que voltar aínda que está perdendo fuelle en Lyon, non lle axuda nin a posición, nin o momento do equipo.


Gonzalo, outro que me gusta, pero terá que sair. Sempre pensei que chegaría a internacional e que era bo para o rol Joselu. Non sei porque non xoga nada agora.


E chega o gordo, destes terían que sair dous, pero a lesión de Rodry fai que teña que quedar.


Vini, quédalle un ano, senón renova, out. Outro dos da cama.


Mbappé, non creo que o venda Flo, pero a min cando nos puteou de segundas, matoume, sempre quixen a Kane, paréceme un crack benzemiano, e senón Endricki. Xoga onde Vini.


Jude, pois o primeiro ano collille o gusto a marcar e xa non quere ser medio. Chegador, pois tres que non corren non caben. Se non vende os outros, terá que ser el. Cama again.


Os rapaces:


Thiago, con dinamismo e gañas, mellorou o equipo, é un Gavi da vida, moito que mellorar con balón pero podería coller o sitio de Ceballos.


Mami, é mellor ca Thiago, pero non lle da parece, maleta e a ver que pasa.


D. Jiménez, despois de Fede foi o noso mellor lateral, faltoume en varios partidos. De suplente se non queren gastar, pois igual.


Fortea, tócalle ser o titular do filial para o ano, estancouse algo.


Fran, gran terceiro porteiro. Está facendo bo ano, despois do desastre pasado no que incluso perdeu o sitio con Mario de Luis.


Palacios, ia para crack e a lesión matouno, acordeime de Gelabert, a foguearse fora.


Diego e Valde, pois ou de fondo de armario ou saída.


Cestero, non lle vexo nada.


Joan, calidade pero moi brando, un Huijsen en adolescente.


Yáñez e Ciria, máis filial, pero podería ser, potenciales.


Nico Paz, debería voltar, pero se non lle fam sitio, será un Hakimi, venta para pagar pufos.


Víctor, debería de estar tamén. Cupo. 


Chema, empezou xenial, pero caeuse, miña outra aposta para internacional. Outro amo de curtimento.


Jacobo, campañón, virá si o mercado nos deixa sin opción, pero un segundo ano, viñalle xenial.


Gila, non se fala del pero igual debería estar.


A. Jiménez, outro que van usar para recaudar, que tiña sitio en calquera das bandas.

O medio perfecto era Vitinha, pero como non vai ser, pois que traballen. Centrais tamén traballar. Non me gustan nin Rodri, nin Konate. Rapaces con mili, porque non, Callejón, Arbeloa, Lucas, Asensio sairon para volver. Nacho funcionou sin salir, o que hai é que poñelos, si valem. O Zidanes e Pavones non funcionou, porque non valían.

Non sei si se me pasou algún, pero son moitos e pretendía ser breve e xa me pasei.

Anteriormente:

Run Run.

Facts o City.

A fábrica.





No hay comentarios:

Publicar un comentario