domingo, 19 de abril de 2026

Valdano no Pais.

 Traducimos e comentamos parte dun artigo de Valdano en El Pais:


De saída que si Flo se cargou a quen non debería, que os culpables visten de curto e os poderosos.

"Vexamos unha perspectiva máis ampla. Florentino Pérez intentou intervir, pero cambiou a roda equivocada ao deixar marchar a Xabi Alonso. O equipo quedou en mans de Álvaro Arbeloa e o poder nas dos xogadores. 

Do pau para Flo de Jorge, o pau a Alvarito.

Non funcionou. O adestrador perdeu autoridade, os xogadores volveronse sospeitosos e a afección inquietouse. Unha transición fallida desde o principio, con xogadores de clase mundial que foron perdendo confianza aos poucos. Hai outros aspectos da súa xestión, entre o emocional e o político, que merecen unha análise. "

Ir  de boiño e levarlle pasteis non funciona, algún necesita vara. Felicidade efímera.

Foi indulxente cos xogadores estrela, un xesto que agradecerían na casa, pero non no campo. Actuou no mellor interese do club, atacando os árbitros e mimando as superestrelas, pero cun custo: a autocomplacencia non fai autoridade."

Que si fala moi ben en RdP pero pouco expresou sobre o verde.


" O seu discurso foi relaxado, mesmo nos peores momentos, e sempre apelando ao orgullo, coma se recordar a historia servise de fonte de enerxía. Careceu da faísca que o Real Madrid necesita máis que nunca, porque o equipo está a sufrir un déficit impropio da súa lendaria condición: faltoulle alma en moitos partidos. "

O xefe é Flo, o único.


"O club ten unha figura de autoridade clara, Florentino Pérez, un símbolo do poder institucional". 

Pero no campo non influie, e claro os adestradores son seu monigote, hai Valdi tenlle gañas ó presi.

"Pero a súa influencia non chega ao vestiario, que carece de figuras que poidan inspirar respecto coa forza do seu carisma. Os adestradores recentes non foron así, debilitados polo propio club nun ciclo autodestrutivo. "

Contanos o arxentino que lle colleron a matrícula a Arbeloa, Happy Flower non vale.


No fútbol de elite, a percepción é crucial, e os xogadores distinguen rapidamente entre adestradores fortes e débiles". 


"Pero o Real Madrid está a pasar por unha crise de resultados (que é a nai de todas as crises), alimentada por un plantel desequilibrado e tamén por unha identidade difusa, sen substancia máis alá da súa historia. "


Dinos Jorge que quizais tire Flo por un Mou, ese que o mandou dos palcos as cabinas de prensa, esa tena no lombo, clavadiña ata o tuétano.

"Para recuperar o seu estilo de xogo, necesita centrocampistas con visión. Para recuperar o control, quizais o club recorra a un adestrador autoritario, do tipo que lle gusta a Florentino". 

Ahora tocan dous mesiños de calvario.


"Quedan dous meses de penitencia. Porque xogar sen o incentivo da clasificación é unha sentenza". Pero tamén é unha oportunidade para reflexionar. Os xogadores xa non teñen nada que dicir, e Arbeloa parece que perdeu o seu toque como adestrador. 

Ahora a pelotiña no tellado do constructor, non lle queda nada, porque si pensaba que se arranxa solo todo esto, vai caer outra vez.


"Todos son vítimas do resultado, ese dogma absoluto. Pero o escenario, nunha máquina produtora de narrativas como o Real Madrid, non pode permanecer baleiro. Neste punto, só Florentino Pérez pode enchelo. E con decisións que promovan un cambio profundo."

Facts e o Bayern.

No hay comentarios:

Publicar un comentario