sábado, 4 de abril de 2026

O xenio de Brescia.

 Como ben sabedes os lectores do blog non éramos moi fans de Chus, pero tamén tíñamos claro que o seu despido non tiña xeito, coma o de Laso no seu día.Despois de gañar a Liga arrasando e cun ano de contrato, xa que o que viñera tiña que facer iso mínimo.



Pois non van e traen a Scariolo, que non gustaba nada nestes lares. Supostamente para aportar experiencia.

Pois dous títulos perdidos despois e cun 5-12 fora da casa en Euroliga, con moito mellor equipo co ano pasado, aquí estamos a dar vergoña cada partido a domicilio. Cunhas rotacións lamentables e perdendo xa non sei cantos partidos nos últimos minutos despois duns parciais indignantes, pero ollo que o coach ten experiencia.

Como dixemos no seu día é un mister caduco, que fai moito que non funciona en clubs e cun equipo que involuciona. Con xogadores os que non lles da bola e chimpando a uns para traer a outros que tampouco lles da bola.

Supoñemos que senón gaña Liga e Euroliga irase para súa casa, según o que pasou con Chus. Vai ser curioso ver como nos venden a súa continuidade.

Por certo, si podedes mirade os números de Llull e Abalde en Euroliga, o dito rotacións lamentables. Llull é historia do club pero ten que xogar os minutos que ten que xogar, por moito que nos doia.

Lesionase Len e non traes a Almansa, lesionase Lyles e nada convocado para encher, non digo nada, Kramer 0 minutos e cascanche casi 100 puntos outra vez, Feliz pouco xoga, en fin. O adestrador italiano que viñera debía ser outro.

Incluso podemos caer a play in que xa sería a risa, aínda que merecido polo esperpento en pista allea.

Mesmos erros semana tras semana, involución en vez de evolución. E gañanche coma na Copa pero cargados de baixas.

A xogada de pizarra final non a pinta nin un rapaz de tres anos.

Para a semana as dúas peores saídas do ano, trocotró. O xenio de Brescia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario