Vamos cunhas palabriñas sobre a eliminatoria do City.
Tal como ia o equipo e como víñamos, non daba un peso polo equipo pero sorprendéronme.
Por esa razón lle doe tanto ós antis, que o seu amado mellor adestrador da historia do fútbol, non fora quen de cargarse a un vello conocido, que non ten nin idea e ademais é o monicreque do presi, quizais máis grave iso non, que o tremendo Eau fora eliminado polas tácticas do presi Constructor, se lle facemos caso o que din os antis e os periolistos pasou iso, non?
Sinceramente creo que esa foi unha das razóns, o mister do City confiouse na eliminatoria e trocotró, por certo, tres seguidas a cafúa contra nos, pero non somos o seu ogro, correcto, todos contentos, el que sempre deixa as súas pedriñas para nos e para o referee, eses tempos nicrariensis e de relato que leva na sangue.
Voulle contar unha anécdota, fai unhas semanas expulsaron ó meu sobriño, infantil de primeiro ano por facer a de Bernardo. Último minuto, perdendo fácil, está baixo paus e vai ser gol e o instinto, fai unha zamorana, penalti e expulsión, nun partido decidido de infantil, pois eso, resposta para o inventor.
Clasificación case sen sufrir cando non contábamos, unha ledicia vaia. Cun equipo moi concentrado e sobre todo solidario. Cun Thiago que tirou de todos, foi a batería que activou ó equipo.
Tampouco nos flipemos con el, é un neno e ten moito que aprender,paréceme unha especie de Gavi. Quere estar en todos sitios e arrisca bastante, tivo cagadas que lle salvaron os compañeiros, e si as fai Ceballos queimámolo, pero tamén é o que pedimos dun canteirán, que o dea todo cando sale e que non desmereza, foino con creces. Pero piano, piano, seguimos a necesitar un medio creativo e un central. Máis talento que Thiago tiñan Mami e César e igual non chegan, estar no momento exacto. Algo que pasou con Asencio e que agora se ve, non é nin de lonxe o mellor central da Fábrica, pero....
Estes bos partidos de Huijsen e Thiago, están ben pero siguen a ser rapaces. Rudi non se lesionou nun mes, pero xa sabemos o que hai, forzamolo tanto no seu día, que logo rompe.
Certamente, ese medio que non sea Rodri por favor. Era moi bo, pero ten 30 tacos e un xeonllo tocado, o perfecto combo para romper aquí. Un anti de toda a vida que agora ou está tolo por vir ou quere trincar do City porque quen está filtrando a full é o seu entorno.
Gran eliminatoria de Brahim que estaba a facer unha tempada bastante mala. Outro que se sigue así vai ser unha axuda para esta parte da tempada, na que deberíamos rotar na medida do posible. Hai que darlle partidos de liga "random", que son eses dos que os titulares pasan, a unha suposta unidade B como facía Zizou.
E aquí ben o gran problema para Arbeloa, xestionou xenial ter que lidiar solo con Vini e que o resto traballaran. Poñer a Mbappe, xa non molou tanto, non quero nin pensar o tema Jude, a ver si sale desa.
O que si me parece é que pode ser un home de club coma Molowny ou o primeiro Del Bosque, ser un ponte para uns partidos ou uns meses. O que parecía ser Solari, pero a este gústalle ser un dos tropecientos asesores que cobra e non ten que dar a cara, vida fácil.
Outra cousa que boto en falta no club, menos deses, e polo menos un coma Valdano que daba e moito a cara. Tamén contrataría unha oficina de respostar a desinformación do Relato, interna ou externa, pero o Relato hai que combatilo.
Toca falar tamén de Huijsen, nin é tan malo como decían, nin tan bo como din ahora. Hai que rodealo ben, porque ten boa saída de balón pero defende regilinchi. Igual pasa con Trent. Ambos safaron ca volta de Rudi e os minutos de Ferland. Pero sobre todo dun equipo compacto, solidario e no que todos correron e tiñan bastante bo pé.
Agora vamos estar nas mans de Lunin, que no pouco que xogara este ano, estivera pouco seguro, pero o martes estivo xenial. A baixa de Tibu é tremenda, era o noso mellor xogador. A ver si Andry se marca un final coma no 2024, mereceo, é un tío que cae ben.
Veuse estes días tamén que os rapaces poden axudar, non fai falla descolocar dez xogadores por unha baixa, iso hai que darllo a Arbeloa.
Tamén que tremenda cama de Vini e Fede a Xabi, ou que pouco os entendeu Xabi.
Por certo sempre sentimentos encontrados con Vini, a veces desesperame, porque entra en guerras que non debería, falla ocasións incribles e tira os penals fatal. Pero tamén con todo o que sufriu e acabaron con el, recordemos a pancarta alí o ano pasado, pois algunha ten que cobrar tamén, si vacilas, tes que saber que che pode vir de volta. Sempre máis do 7 que do 10. Non mesturan nada ben no verde, son dos que pensa que hai que cargarse un, pero non vai ser. Bueno aquí non nos escondemos, facíanos ilusión con Endricki fichado, que el fora o noso 9, pasar do sapoconcho e mellorar o posto de central e o medio.
Pero Flo non o fixo, igual para manter o status, polo nome, pola política económica que leva, polo que fora, aquí non gustou e o equipo resentiuse, queda claro, non necesitaba ese tipo de galo no vestiario.
Curiosidade tamén, que Fran García estaba camiño de Inglaterra e xogara 135 minutos de eliminatoria.
Agora o Bayern o equipo máis en forma do continente e o gran favorito xunto co Psg, toca miragre dos de novena e romería, moito mar, hai que saber que falta moito para ser algo, pero a proba do algodón son estes meses finais. O Bayern o contrario do City tennos respeto pero non nos teme, ollo.
Ollo central e medio fan falta, e de peso, o que igual nos poden aforrar os rapaces é fondo de armario pero deso falamos outro día.
Anteriormente:

No hay comentarios:
Publicar un comentario