lunes, 2 de marzo de 2026

Ficción vs Realidade.

 O problema de Arbeloa é que pensa que é esto que define Lukita, pero a realidade é que non o é.



Luka Modrić sobre Zinedine Zidane: "Tres Ligas de Campións seguidas... a súa chegada ao vestiario foi incrible. Admirámolo coma nenos. Falamos con el, adestramos con el. Como asistente de Ancelotti, era reservado, pero como adestrador, fenomenal".

Ten unha aura especial, coñece o fútbol á perfección. Sabía exactamente o que necesitaba o equipo, vía a calidade, era esixente e rotaba moito porque confiaba en todos. Iso era evidente nas súas accións. Ese período con el foi especial.

Ás veces xogaba connosco nos adestramentos. Non corría moito, pero a súa calidade era incrible. É honesto e directo, como Mourinho".

Ao Real Madrid de Arbeloa aínda lle faltan moitos condimentos . Chegou a un equipo cun estilo de xogo algo caótico, e o principal problema é que moitos seareiros madridistas descoñecemos cal é a estratexia do seu equipo. Arbeloa non o ten fácil, e ademais, oio falar máis da filosofía e os valores do Real Madrid que de táctica, que é onde o Madrid non está a render ben ofensivamente, defensivamente nin a balón parado. Non notei unha mellora significativa.

Fala moito de que a Fábrica é a mellor canteira do mundo, pero D. Jiménez rende fronte ó Valencia e desaparece do mapa, Cestero o mellor medio do mundo, tampouco aparece...., o dito tan solo palabras, pero sen feitos valen de pouco.

Non entendín a marcha de Xabi Alonso, xa que apenas comezara o seu proxecto, e non sei canto tempo quedará Arbeloa. O que si creo é que, utilizaría máis a Endricki ca Xabi.

Mes compricado Marzo para Álvaro, no que ou rota ou perde todo, pero claro hai que ser Zizou para rotar e non ten moito atrás e no medio para utilizar, ou si a mellor canteira do mundo como di el. Zizou utilizou no seu día a Marvin, Arribas, Blanco....

Cada día que pasa e vendo o seu rendemento, pregúntome quen decidiu quedar con Ceballos e non darlle 30 minutos por partido a Lukita. Por certo no Milán é titular. Ou traer a Franco e non a Nico Paz e gastar eses cartos nun medio creador ou nun central de xeito, veremos que tal Guehi. que foi por 20 kilos o City e nolo ofreceron antes a nos. 

Temos 5 centrais pero claro Militao o mellor deles, despois de 2 cruzados seguidos, precisamente por non rotalo vindo de lesión. Rudi o mesmo, desfeito por queimalo, Alaba un ex xa, Dean brando física e defensivamente que necesita un titán ó lado e Asencio que grazas a mala planificación chegou arriba, porque o seu nivel é o que é.

Ou os 16 de Gabri Veiga que sempre dixen que era interesante pescalo a volta de Arabia, non sei en que están a pensar. Esta semana toca dicir que o futuro é Thiago, a ver canto xoga en todo o mes. Aquí non se critica que poñan rapaces, todo o contrario.

Anteriormente:

Volta ó lugar do crime.

Luigi's Facts.

No hay comentarios:

Publicar un comentario