Bueno ó tolo unhas ideas:
A T4 e o mister, non nos poden vender que a canteira é Top e despois xogar con catro medios en defensa, incompatible. Ou unha cousa ou outra. Si confías na canteira e falta o lateral dereito, pois xoga o do filial. Si non tes centrais idem. Con coherencia claro, sin queimar os rapaces.
Fai falla unha boa limpa e moito fichaxe, máis do que pensa a T4.
Está claro que o Real Madrid é un equipo que necesita hoxe en día moito traballo de campo, o descanso que lle deu Arbeloa entendo dende o reseteo.
Camavinga hoxe de 23 anos, parece ese mesmo xogador de 18 anos que fichou o Real Madrid, a súa evolución foi nula, xoga de lateral esquerdo igual mellor ca de medio, igual esa tolemía marceliana non é boa para un mediocentro e si para un lateral e mira que aquí somos de Edu.
O mesmo lle pasa a Fede, pensamos que ia ser un medio de época, e queda claro que seu mellor posto e lateral dereito, por moito que el non queira.
Dos Jude, Vini, Kyli e Rodry solo podem xogar dous a vez, visto o visto, de feito cremos que hai que vender dous para limpar o vestiario. Traer ó francés foi un erro.
A lesión de Jude pode ser positiva, para poñer un once coherente si o mister quere aproveitalo.
Temos un grave problema de creación e non queremos solucionalo, o gran problema do equipo.
O mellor Madrid dos últimos anos xogaba con Casemiro, Kroos, Isco e Modric, no medio. Con Carvajal, Marcelo, Karim e CR!
Forzar a Militao e Rudi, no seu día, estámolo pagando, un fichaxe ou cesión no seu día aforraba 150 kilos. Como está a pasar agora con Asencio e Dean, van romper todos. De feito o brasileiro é noso mellor defensa, pero a saber como está. Antonio queimamolo de todo. Alaba xa é un ex. Non temos un central de xeito. Dean é bo co balón, non dubidedes, pero é moi brando, era algo claro.
Trent algo parecido, xenial co balón e un furado en defensa, pero confío en ambos, pero claro se os xuntas cos catro de arriba, romería.
Poñer cinco dianteiros xuntos sole ser un problema, porque descontrolas todo.
Nico Paz, vale e de feito con Arbeloa foi interior, eliminando liñas co pase ou conducción pero se o traes e non o pos, non vale de nada. O Atleti fichou a Rodrigo Mendoza que ten boa pinta, nos seguimos cos que non funcionan.
Aquí tamén somos moito de Chema. Jacobo está a facer bo ano ó igual ca Víctor. Álex Jiménez tamén, pero os ingleses van pagar. Pero claro despois xogan os de sempre, para dar pena, mellor cos chavales. A Cestero nada lle vexo.
Pero bueno fan falla un ou dous centrais de xerarquía e un medio por moito chaval que traias, polo tanto vender dous Top.
Arbeloa está vendido ós de arriba, tanto os fo campo coma os da T4, e así o vestiario non carbura, non hai meritocracia. Non lle facían caso a Xabi, vanllo facer a Álvaro. Non son Zizou. Un adestrador debe ser mentor pero nunca amigo dun xogador.
Non vendes a Fran pero é o cuarto lateral esquerdo, pouco senso ten iso.
Xabi non foi o esperado pero claramente non era o principal problema. Foi de máis a menos. Caeuse dende o día do Atleti o poñer a Jude, ese día cabou a súa tumba. Temblaronlle as pernas e claudicou.
Que o chimparan foi un favorazo para el. O trato a Endricki, nin comentar. Como sempre dixemos facíanos máis ilusión Endricki ca Mbappe, por moito Top que sexa o francés. Seu fichaxe foi o principio do fin, os egos matáronos
Non todo ten que ser xeracional ou nada, Joselu cedido foi un puntal, pois iso.
Temos un equipo sen alma, sen xenio, sen ganas. A unha lenda honrala tratandoa con xustiza a un xogador tamén, se non das non podes xogar. Si racaneas esforzos tamén. Sexas Vini ou Mbappe, de feito eles deberían ser o exemplo. O Vini de antes comeríase o Vini actual. Creo que os dous son incompatibles.
O fútbol vai de saber cando defender, cando atacar, de pausar o xogo, de crear co balón. Fútbol, IQ, calidade. Pensan que o problema é físico e todo o contrario fai falla xogar algo para mellorar no físico. Pintus non é a solución. Sobreestiman o tema físico na T4.
Xuntar xogadores ó peso non sempre funciona, radicalizar o modelo tampouco. Loita de egos. Descoidar defensa e mediocampo. Ignorar mercados de fichaxes a pesar das necesidades. Flo renunciou a CR para marcar unha pauta, pero ese Flo xa non está. O estadio, os concertos, o parking, os xogadores, .....vaiselle todo das mans.
Non sabe o que estes dous anos está danando a imaxe do club, o que màis lle importa o presi, o dano colateral é xigante.
Fan falla paciencia, cartos e decisións dificiles. Chimpar a Alaba, Ceballos, Fran e similares non arranxa nada, tes que coller o bisturí. Non eres o que che pasa, senón o que fas co que che pasa. Podes pensar que esto é un accidente ou tratalo como merece.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario