FELIZ 2024.
Quizais por iso non creo nos imposibles.
Novas, comentarios, frases, rt, pero sobre todo vaciladas cos colegas sobre o Real Madrid , Madridismo en Galego , pero noutra "Era" tamén Luigi no deporte e na Costa.... Muxía, Fisober ..........
Última hora, xiro no Negreira Gate, descúbrese que o Madrid leva pagando ós árbitros perante 20 anos.
Dende pequeno escoitamos que o Madrid tan solo tiña Copas de Europa que eran xarróns pas frores, que se acudía por invitación e o famoso branco e negro. Claro estes mitos quedan na cachola da xente, así que hoxe tiramos de futbolgate que fixo un artigazo sobre o tema, páxina a seguir xentiña, para desmontar este mito. Hoxe aproveitando o tirón da saída onte da senteza da Super League sacamos este artigo que leva tempo no forno esperando o día adecuado, pois ese día chegou co Gordo.
Pois hoxe de novo está de actualidade a Superliga, que vai crear moita controversia nos próximos días, viralle ben a prensa en semanas sen fútbol ter de que leirar. A sentenza non avala a Superliga, di que é posible, algo moi diferente.
Despois do último partido do Real Madrid, non todo son luces de Nadal no equipo, a lesión de Alaba e que o Girona non afrouxa, poñen o contrapunto a este final de ano tan bo dos do Carlo. Aquí como sempre somos dos que apuntan todo pois alá vamos cuns apuntiños para esta fría mañá.
" Que o paso dos anos conserve en ti a sensatez, xenerosidade e bondade que che caracterizan. "
" Cando se traballa no fútbol feminino, hai que traballar cousas distintas.
Hoxe remata a primeira fase de Champions para o Madrid cun partido intranscendente no clasificatorio para os brancos.
Hoxe vamos a desbafar un pouco de que equipo pensamos que son os periodistas, basándonos no que atopamos polas redes. Aquí sempre fomos da teoría de que ser anti vende, si supoñemos por exemplo que o 25% do país é do Madrid e o 75% anti, o potencial de clientes é moi grande e xa sabemos o que convén. Aquí coma sempre deixamos un breve resumo, pero para maior investigación deberíades pasar polas diferentes contas e webs.
" A xente esquencerá o que fixeches, incluso esquencerá o que dixeches, pero nunca esquencerá como o fixeches. "