Antes de falar da 14 que será cando teñamos un pouco máis de tempo, hoxe toca pedir perdón ao Carlo. Primeiro un servidor que vai bo de hatealo todo o ano. Vamos deixar unha pequena mostra de todos os que quedamos retratados este ano, pero creo que si buscamos polo blog todas as entradas da tempada 21/22 en cada unha hai un recadiño a Carlo.
Pero o primeiro gran hateo foi en novembro, dun que escribe e tamén de outros.
Tamén está o Joan que dixo que con el de presi o Madrid nunca gañara a Champions, parece que non coñece a foraza do kharma e do contragafe.
Están os que decían que co Psoe no goberno o Madrid nunca gañara a Champions.
O Kollins e amigos de xuño resume o pensamento de moitos cando o Carlo chegou. Ou este de Kollins en novembro do 18 no que tamén moitos estaríamos de acordo, como cambian todo os resultados amigos.
Como o queimamos despois do bochorno do Clásico.
Pero o meu preferido será este despois do clásico dun columnista da Voz do cal descoñezo o nome, que pode estar contento do que escribiu.
" O centro dereita pensaba qeu Feijoo ia ser Xavi, o novo Pep, control de xogo, tikitaka, presión en todo o campo, un porteiro que a toca mellor que Schuster e garantiza rigor defensio... Voltarían os anos de esplendor no campo, tras unha merecida travesía do deserto por culpa.....
Pero de momento, Alberto é Ancelotti. Gana ao Raio. Pero en canto chegaron os vitorinos, voltouse tolo co once, puxo a Modric de mediapunta e fiouno todo as galopadas de Vini, gracioso como el solo, pera a quen o domingo solo lle faltou que os do Barca lle puxeran orellas ao burro...."
Ou a bilis deste artigo da prensa catalana penso que sei de quen é e de onde pero como non estou seguro: " Si o destino ten algo que ver no fútbol, o do Real Madrid estaba escrito no ceo. Tres eliminatorias superadas entre proezas e sufrimentos desembocaron nunha final igual de paradóxica. Confirmouse por enésima vez que o campión non é por definición o mellor equipo de Europa, algo que ao Madrid lle trae ao pairo. Súa obsesión é gañar finais e dende 1998 levouse oito, sin perder ningunha, en tódalas modalidades posibles, en tempo natural dun partido, en prórrogas, na tanda de penaltis, contra italianos, ingleses, alemáns, españois, a maioría de veces sen merecelo" , non saben como quitarnos méritos, pero en cambio estannos engrandecendo.
Seguro que son moitos máis pero de momento, Carlo pedimos perdón con todo o corazón como xa o fixemos pola Liga, fixestes algo incrible.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario