Levo tempo pensando nunha
teoría conspiranoíca que pasea pola miña cabeza e a que non sei darlle nome,
pero está baseada nun tema político
engadido a que o Real Madrid non sabe ou non é quen de
gañar a batalla mediatica e dende ese punto perde tódolos demais.
O gran
compoñente é político por certo, de
feito creo que convirten o Real Madrid
como o ogro que necesitan algúns para vender o seu
producto indepe. Triunfar ante o Madrid é o triunfo indepe. Está todo instrumentalizado
para vender o Barça como a súa comunidade autónoma e realmente eo, o club máis
corrupto da actualidade aínda que nos venden totalmente o contrario. Vender
producto Barça como o mellor cando é algo podrido pero ben enmascarado. Ou como di Je Vg : “ Calquer decisión en
contra do Barça sería tomada pola entidade e pola comunidade como un castigo
contra a maltratada Cataluña, poñendo todo o seu aparato mediático para deixar
claras as formas do estado represor.”
Tan solo hai que pararse a pensar que pasaría
se Ramos organizase unha competición de tenis e o capo da Liga o patrocinase.
Se o xefe do deporte en España escribise un artigo falando ben do Madrid e acto
seguido fose contratado pola empresa do VAR. Se Valdano dixese que cambiaron o
voto a presidente da Federación para beneficiarse e que dende aquela o saldo
arbitral sexa escandaloso. Que se diría se
Lukita fora a Italia para ver ao dietista que ten casiños raros con
ciclistas, non pode o dietista vilo visitar aquí, non lle pode mandar a dieta
por mail?
Como nos vendían esa superioridade moral do
canteira vs carteira e todo aquel conto. Como creo que incluso levaron o
parlamento o fichaxe de Cristiano. Agora non se fala nin mu do dispendio en
fichaxes culé nos últimos anos, e do pobre bagaxe da canteira no primeiro
equipo culé. De chimpar canteirans e traer
certos cedidos. Porque xa non se fala diso? Porque non se fala da masa
salarial dun club e doutro ?
De como desaparecen imaxes raras culés e
aparecen todas as nosas. De que un declarado culé - indepe manexe as realizacións do fútbol, e
teñamos que pillar imaxes dende outros países. Pero que sempre teñamos a
perfecta imaxe da pancartiña. De que se denuncie a Bale pero nunca a Suárez.
Ou como o seu xefe da mesma eira, fai uns
calendarios televisivos guapos, aínda recordamos como mandaron un clásico a un
luns, foron risas.
Así é como funciona a maquinaría , e venden
todo o contrario que hai caverna madridista e demais pamplinas. Venden que os
medios son madridistas, cando están cheos de indios e culés. Cando a televisión que pagamos todos ten a
sede de deportes en Barcelona e está chea de culés que venden sen pudor esa
idea. O medio que ten o Real Madrid a favor é a súa propia televisión os outros
maioritariamente anti, aínda que nos queiran vender o contrario. Solo hai que
ver como tapan o anteriormente contado para indios ou culés e como sacan todo o
noso , se Isco di non sei que, que Bale non sei canto, que agora Isco titular….
Tan solo hai que ver a liña editorial que venden todos, falar do Madrid si, pero
xeralmente mal. Como os que controlan boa parte da produción e das
retrasmisións de deportes neste país son eses dous señores a cada cal máis
mafias e perigoso.
Non sona raro tanto interese de que o partido
de Miami fora un Girona vs Barça. Porque non
un Atleti vs Valladolid ou Barça vs Betis por exemplo. Porque eses dous equipos ? Porque
tanto interese onte en vender o triunfo do Girona no Bernabéu como apoio aos políticos presos ? Solo hai
que ver certas declaracións. O Real Madrid queren facernos crer que significa
imperialismo. Home por favor ide facelo entre o millo se tedes vergoña.
De como lle blanquean todo a uns, se fan algo
sempre incluén ao Madrid na ecuación para enmerdar. Cando non hai nin
comparación do trato en competicións nacionais duns e doutros.
Faime gracia tamén que un diario dalá arriba
dixera pola polémica do basket que o Madrid non podería saír da liga por
motivos políticos nun artigo de opinión cando fai meses decían todo o contrario
sobre o seu querido club, un non entende. É máis un equipo que xa non se ten
presentado a partidos tanto en basket coma en fútbol sen repercusión algunha.
Por certo como madridista non me importaría
marchar das competicións nacionais, outra cousa é que a lei do deporte non creo
que o permita, pero visto os tratos non estaría mal. A Flo é algo que lle pide
o corpo saír das competicións nacionais pero non é moi factible pola lei. Debemos por fin ser malos tamén, ser bravos. Como
exemplo no basket , porque razón nos costa tanto en competición nacional e na
europea atundámolos constantemente os últimos anos. Non deixa de ser rara esta
situación tamén.
Como che venden unha e outra vez o tema Franco. Non sei pero Franco en Europa
non creo que pintara moito, non sei iso parece. Incluso en basket por exemplo
non nos deixaba ir xogar a URSS. O que si fixo Franco foi salvalos da
bancarrota con diñeiro do estado ou
recalificacións e recibir unhas cuantas medallas de honra. Cando o Madrid gañou
a primeira liga con Franco no poder o Barça xa levaba cinco, para os amantes
dos datos. Acórdanse agora de
quitarllas, debían ter medo que se levantara e se cabreara.
Como che venden que Florentino manexa todo e o
real é que non pintamos unha merda. Que non votamos a Villar , nin a Tebas …..
Pero todos recordamos o “ que más quieres que te dea… “.
Manexan o nobre arte de manipular a perfección
cun sistema ao seu antollo e incluso me temería que os fondos dunha comunidade
tamén xa que é o seu maior expoñente publicitario no exterior.
Como intentan equiparar erros, un de
apreciación e outro con 11 cámaras mirando, non saben o regulamento solo
enmerdar. En cambio pouco se fala de que lla foran a montar a Itudis e aos do
Canarias nas semis por exemplo , dirixentes do basket do FCB, iso tápase todo.
Nalgún momento teremos que destapar a manta e
ir a guerra, creo que chegou ese momento señores. Podemos criticar as cousas que fai mal o club
pero tamén protestar cando nos queiman , pódense facer as dúas cousas a un
tempo. Nun país cheo de corruptos, non nos deixan crer que no deporte tamén hai
corruptos. Máis ben si nolo deixan crer pero sempre si cremos que é o Madrid,
que ben manexan o cotarro, así funcionan. A guerra do basket é un bo aviso para
a que se aveciña no fútbol. Apareceran os antis que falan do señorío do Madrid tamén, señorío tamén é non deixarse ultraxar.
Agora como fan sempre regalaranche un penal nun partido calquera en liga que está perdida que non valerá de nada e xa teñen o de sempre montado que axudan aos dous equipos igual, que listos son e que ben o teñen montado, en cambio cando fai falla sempre desaparece todo, imaxes, igualdade ..... estamos esperando que nos piten penals nos Clásicos, non sei cantos debeu facer Masche...
Agora como fan sempre regalaranche un penal nun partido calquera en liga que está perdida que non valerá de nada e xa teñen o de sempre montado que axudan aos dous equipos igual, que listos son e que ben o teñen montado, en cambio cando fai falla sempre desaparece todo, imaxes, igualdade ..... estamos esperando que nos piten penals nos Clásicos, non sei cantos debeu facer Masche...
P.d. : Si alguén debería ser independente
sería Galicia e o seu Reino. Si alguén ven sendo beneficiado durante séculos
son eles, dende o proteccionismo ata os nosos días e sobre todo con Franco e os gobernos de
dereitas que lles deron todo, incluso falaban catalán na intimidade, pero aquí os galegos estamos pagando o non saber
elexir ao longo do tempo, sempre eleximos o bando perdedor é unha realidade.
Anteriormente :
No hay comentarios:
Publicar un comentario