Queridos Reis Magos :
por favor devolvédeme o meu Real Madrid. Son do
Real Madrid dende que nacín. Eu non son
imparcial, ninguén o é por moito que
diga, si intento ser xusto. Pero criticar ao Madrid non significa que non
lle queira, como sempre se di un pode
criticar aos da casa se fan algo mal, pero si alguén de fora critica a miña
familia defendereina con uñas e dentes. Que este Madrid está o conseguir o
impensable que me perda un partido e non me importe e creo que lle está a pasar
a moita xente. Se pasa iso algo se está a facer mal señores.
Mentras
eu crecía o meu madridismo crecía. Crecín vendo gañar Ligas a Quinta do Buitre e pensando que nunca vería gañar unha Copa de
Europa, ( Bayern, Psv, Milan…. ) , ata o punto de chimpar adestradores gañando
a Liga ou indo líderes nela, mirade vos.
Despois chegaron tempos peores, as derrotas ,
o non gañar ligas, o non pasar de cuartos….., polo tanto perder tamén forma parte da Historia do Real Madrid, pero o que non
forma parte da Historia do Real Madrid é o conformismo, iso nunca pode ser
parte da nosa Historia. Algo que dende a
pasada tempada parece instalado no cerebro da directiva e dos xogadores
endosiados polas Champions.
Eu que penso que Solari é un auténtico inútil, solo hai que ver o seu Castilla, solo
lle pedía unha cousa que xogaran os que mellor están , nin máis nin menos. Que non
se casara co vestiario que o foi o que matou a Julen. Julen prometeu ata que se deixou levar polo Churu primeiro, poñendo os que non debía na Supercup,
e finalmente morrendo despois do día do troco a Marcelo en Girona, cando se
baixou os pantalóns definitivamente. Que non se venda pensando que estos tíos
lle van gañar a Champions porque xa non dan. Non pensaba ademais que Solari
inventara nada, pero si tes naranxas fai
zume de naranxa e non poñas as podridas. Levo dicindo máis de un ano, hai
xente que pasa de xogar na Liga , así que para deixarte puntos que xoguen os
que lle apetece xogar , por favor.
Polo
menos sacar desta tempada deplorable aos raparigos, testalos. Que esa é outra
estamos a convertirnos nunha guardería
, nun novo Arsenal, igual deberíamos
fichar a Wenger visto lo visto. Está
ben arriscar con xóvenes pero sen pasarse, si temos para o medio a Ceballos, Llorente e Valverde
para que queren a Palacios. Que fichen un central e un dianteiro e deixen de
fichar medios e mediapuntas.
Por favor Reis Magos, eu era dun Madrid ao que
subir do noveno ao cuarto posto non era digno de mencionar, no que un empate en
Liga era un fracaso. Que non se esquenza o presi que el gañou unhas eleccións
xusto despois de gañar a Oitava o
señor Lorenzo, pero por facer Ligas deplorables e dar peniña.
Flo non recorda que errou co Zidanes e Pavones ? Vai e agora márcase un Rodrigos e Vinicius e por encima vende ao xogador máis rentable que
eu vin xogar no Real Madrid, que non digo que estea mal vendido, o que si digo
é que foi mal sustituido. De feito era o
momento de cargarse a BBC, empezar de novo. Ollo que o máis grave é que Karim
está sendo o xogador máis regular do equipo con Tibú manda truco. En Bale xa
sabía calquera que non era de fíar.
Non recorda Flo o que dixo cando dimitiu da
outra vez : “ El exceso de triunfos y quizás una mala asimilación de mis mensajes
provoca que haya jugadores confundidos , a los que no he sabido más que maleducarles…….Hemos
hecho una plantilla de grandes jugadores
de la que soy el único responsable . Les he maleducado y se han
confundido . He actuado como los padres por darle lo mejor a los niños y hace
que se confundan.”
Non sei pero hoxe debería caer o peso do Bernabéu
sobre eles, unha superpitada dende o quencemento ata que volvan os vestiarios,
despois cando arranque o partido animalos a tope, pero que sepan que se están
rindo de nos. Venme a mente Floro no
vestiario de Lleida con aquela mítica Quinta por certo : “ Joder, que sois el Real Madrid hijos. Un
monton de almas, un monton de cariño…… Sufrir , me cago en …..Ganad el partido
sin excusas. Haced lo que os salga de la ….. pero ganad… ¿ Como puede ser uno
jugador y no llegar al remate sufriendo?”.
Pois iso que estes xogadores fixeron Historia
e serán recordados, pero tamén a fixo
Puskas, Gento, Amancio , Casillas, Michel, Butragueño …… e non siguen
xogando , hai que poñer aos que mellor están, xa que de Solari non espero nen
melloras tácticas nin cousas parecidas, que faga eso polo menos, aínda que aquí
xa se dixo que Santi non acaba o ano e que o ano vai ser moi, moi longo.
Por
favor , devolvan a ambición ao Real Madrid.
Anteriormente :
Searchs :
No hay comentarios:
Publicar un comentario