Domingo 20 horas
Canal + Deportes nunha boa pantalla de
televisión e o Real Madrid na Final de Euroliga , con dous amigos que disfrutan do basket igual ca min, a parte superior dun
bar toda para nos, o marco era bo,
recoñezo que a min o basket gústame velo solo na casa e xurando en hebreo (
nunca mellor dito ) , no bar non hai aroma a basket, pero sen que sirva de precedente sentinme coma na casa e tiña con quen
discutir.
Aínda así
preferiría que fora a Euroliga e non a Champions en aberto, sen dúbida, malo
sería que non tivera a oportunidade de volver a ver o partido, tranquilo sen a
paixón do directo e analizalo mellor,
seguro que vería a luz. Vou falar das sensacións que me deixou, sen afondar
moito, non teño moitas ganas de escribir.
Desta vez non vou
culpar a Laso, el terá a súa parte proporcional de culpa supoño, pero creo que o problema foi máis de cabeza de algún
xogador que do míster, pesou o partido a
responsabilidade . Igual Laso foi o gran culpable e eu desta vez non me dei
conta, será que o fixo ben, será o síndrome de Estocolmo, será a desilusión.
Iso si, sen o título de Euroliga , Laso sempre será sospeitoso habitual para
min, non me gañara nin me tapara a boca definitivamente, no Euroliga no party. Sucumbimos cos mesmos
erros dous anos seguidos, ollo !
O igual que un
ano atrás co Oly, o Maccabi foi máis intenso ca nos e tivo xogadores máis
enchufados. As lecturas de Londres valerían para Milán iso é un problema. Se o ano pasado tiramos con 20 puntos na primeira metade desta foron 11. David Blatt ese home que freou
o Madrid de Laso, o Cska de Messina e anos atrás no Eurobasket a Gasol e os
juniors de ouro en Madrid, algo terá.
A min
particularmente faltáronme máis minutos
de Felipe na segunda metade, tal e como vin a Mirotic e ca de rebotes ofensivos raros que nos pillaron, o noso home era Felipón. 19 rebotes ofensivos do Maccabi, dan a
posibilidade de 38 puntos, a quen culpamos desto ?
Pero o gran
problema foi que moitos xogadores víronse superados polo partido. Falla de
calma en momentos importantes, un ano
despois erramos de novo na lectura do partido . Para min Niko , nin
posteou nin tirou o que se lle supoñe , e sobre todo cando deixou de tirar unha
tripla solo nun momento chave do partido
quedou retratado.
Llull que aportou
en defensa estivo fatal en ataque. E como non a baixa de Draper resta moita
intensidade o equipo por moito que moita xente diga que non aporta nada. Son as
grandes sensacións que me quedaron, igual había que criticar algún xogador máis
quen sabe.
Que mal xogamos
os minutos finais en partidos igualados ! Que frouxos pasamos os bloqueos a
Rice na prórroga e algún que outro antes tamén.
O que si sei é que perdemos a segunda Final da
Euroliga consecutiva despois de ir de
novo por encima e cun resultado amplo, iso si que doe e moito. Chegar a ela non
é nada fácil e quen sabe si volveremos chegar nos próximos anos. Un servidor
que non cree nada en Laso super-crítico con el sempre , hai que recoñecerlle
que nos trouxo aquí e que enche o Palacio, algo terá que ver, sempre queda ese
pero con el.
Demasiado dependentes das triplas e do estado de xenialidade dos
xogadores. O Lolaso é así cas súas vantaxes e inconvintes.
Unha pena , poderíamos
levar dúas consecutivas e non levamos ningunha, tristeza máxima. Cargarnos o
Barça dous anos seguidos non tivo premio. A gloria no Real Madrid márcana as
Copas de Europa, os Laso, Llull, Rudy, Chacho, Mirotic….. sen Copa de Europa
non serán lenda. A temporada xa case acabou, a Euroliga era o que facía ilusión
esta tempada. Toca loitar a Liga fronte o Barça e o poderoso Valencia de Perasovic
ca súa mentalidade infernal.
Dende que
escribín o artículo ata que o vou a públicar, cada minuto que pasa vexo máis
culpable a Laso, inxerencias externas tal vez. O cal non quere dicir que o
teñamos que chimpar, pero ten que aprender algo que van dúas finais perdidas
iguais e funcionamos bastante mal nestas situacións. Non tolear, pero si mellorar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario