Hipnotizado, adurmiñado,anestesiado, baixo os efectos dun potente somnífero así
andaba eu despois de tirar definitivamente a Liga o Real Madrid o mércores. Incrible, non estaba cabreado, non importaba nada, a Copa e pasarlle por enriba o Bayern, tapa
todo, a ansiada Décima ! Unha parte do madridismo estaba nesa mesma situación,
outra está cabreada .
Co paso das
horas, un vai dándolle voltas e comeza a
cabrearse e vou dar razóns aínda que despois quizais dea as contrarias,
coma a vida mesma vaia, que resultadista.
A razón do cabreo
é moi simple, somos o REAL MADRID, o
cal leva implícito que aspiramos a todas e cada unha das competicións e punto.
Máis aínda se o Atleti, que ten
menos equipo que nos ! e menos presuposto, está a competir pola Liga, na Final de
Champions e caeu ante nos en semis de Copa. Fin do debate.
Para máis INRI
puxemos na Liga o Barça e démoslle a oportunidade de gañar un título, seguro
que os siareiros do Real Madrid na capital tanto lles da Atleti ou Barça, pero
por estes lares non hai comparación, nunca o Barça.
Pode ser a quinta en seis anos, pensen isto levamos unha Liga en seis
anos, miña nai querida. Pensen iso ou cinco Ligas menos co Barça de seis ou as mesmas co Atleti e catro menos co Barça !!!!!
Ademais de regalo como mínimo chegando por encima
deles a última xornada viviriamos o paripé,
co escarnio público internacional de
velos como se deixaban gañar fronte o Atleti, #Valors, pero nin iso.
Salvedades , máis
ben salvedade a ansiada, mítica e
todo o que queiramos dicir sobre a DÉCIMA.
Obviamente, levamos doce anos esperando por esa oportunidade e por fin chegou.
Prioridade máxima , estou de acordo, a todos nos treman as pernas ca DÉCIMA, converteuse nunha obsesión.
Un servidor non
discute a alineación que sacou Carlo o domingo, realmente encantábame, moi ben rotado, lévollo pedindo todo o ano.
Quizais non
tivemos sorte e os xogadores loitaron bastante, aínda que moitos non deron o
nivel. Pero si quedou a sensación de que non foron tan ordenados nin obedientes
coma en Múnich, o equipo partido
e moitos xogadores que gustaron de subir
e non de baixar e iso que había 5
xogadores de refresco, Diego López, Marcelo, Varane, Illarra e Isco. Se non
te aplicas i eres un bloque , no fútbol pódeche pintar a cara calquera , volvíamos a tirar a Liga de novo.
Mércores xa case
se xogaba para non dar opcións o Barça. Con Carvajal, Bale e incluso
Varane en clave Lisboa os que se lle
xuntou CR, estou seguro que noutras circunstancias arriscarían,pareceume normal. O que non me parece tan normal e con medio
equipo novo, volvésemos a ter unha actitude deplorable con tantos metros entre
liñas e xente que non baixaba, o despiporre
habitual. Con estar xuntiños chegaba, o gol víase vir ,nada máis que
declarar. Ese Real Madrid debe gañar a
ese Valladolid.
Poñer o Barça na
loita e de regalo as lesións de CR, Di María e a máis preocupante Pepe, un dos xogadores máis en forma.
Algo non se está a facer ben. Hai que
rotar antes Carlo, por dúas razóns ; a carga de minutos que teñen algúns e
a falta que teñen outros sen confianza. Despois queremos que nos saquen as
castañas xogadores que apenas xogaron. Aínda así os xogadores do Real Madrid deben deixalo todo no campo, algo que non
sucedeu.
Uns apuntiños dos
dous partidos. Morata e Illarra necesitan unha visita o
psicólogo e un lavado de mente, vense superados.
Morata necesita minutos , tranquilizarse e volver a coller confianza. Unha cesión
ou unha venta estilo Carvajal e a
demostrar si vale.
Illarra, desde Dormund está superado,
xa levaba a mochila encima dos 40 kilos, agora leva un tractor, necesita
as vacacións e recargar pilas e mente de cara o próximo ano. Para levar o peso
en Lisboa non está, os do Cholo
pápano seguro. Teño confianza nel para a
próxima tempada, pero a día de hoxe está verde, pódelle a presión.
Benzema, o dianteiro perfecto para Cristiano e Bale, esfúmase sen eles. Con Morata
e Jesé out tamén , vese a necesidade
dun dianteiro Killer para estas
situacións.
Xa estou ata os
mismisimos do tema Iker-Diego, e os
que se alegran dos erros dun ou doutro e dos acertos dun ou doutro, eu quero
que gane o Real Madrid xogue quen xogue e listo.
En definitiva que
a tempada vai ser Morte ou Gloria,
se ganamos a Champions será un éxito, pero se non a ganamos vai ser un desastre
e unha tortura xa que ou o Atleti fará dobrete ou o Atleti –Champions e Barça
–Liga, non sei si poderíamos saír da casa.
É triste pero ese resultado van cambiar todas
as opinións, a miña tamén ? Si a gañan serán heroes si a perden caeranlle de
todos lados.
A obsesión pola Décima non nos deixa ver o ceo e
nubra a nosa mirada, o día 24 cando espertemos da hipnose será un grandioso
soño ou o máis cruel dos pesadelos.
Todos meus artículos sobre o Real Madrid.
Todos meus artículos sobre o Real Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario