SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – STILO BERRIO. 3-1.
FISOBER : Eva, Patri, Nuria, Ana e Noelia ; tamén
xogaron : Raquel, Elsa, Inés, Laura e Tamara.
STILO : Elena, Alaitz, Enara, Eztizen, Aitziber ;
tamén xogaron : Eukene, Goiuri, Laura, Mamen e Garazi.
ÁRBITROS :
Esteban Calvo e Jorge Varela ; CRONO : Inma Silva.
GOLES : 1-0 Inés , 1-1 Aitziber ( descanso ) , 2-1 Nuria, 3-1 Nuria.
Remataba o sábado
en Vimianzo a tempada para o Fisober nun partido no que as locais querían
asegurar a sexta praza e ademais despedirse con bo sabor de boca da súa
parroquia. Pola súa banda as visitantes viñan a asegurar a categoría, algo que
lograron a pesar da derrota.
Saíron moi ben as
da Costa,con presión alta , metidas e
dominando o partido. Nos primeiros minutos acumularon moi boas ocasións Ana ,
Nuria e Noelia que se topou co pau no seu lanzamento cruzado.
Co paso dos
minutos foise desfacendo do dominio local e o conxunto vasco e comezou a chegar con maior
perigo. Cando se acercaba o ecuador desta primeira metade as visitantes tiveron
as súas opcións para adiantarse no electrónico pero non foron quen de logralo.
Os nove minutos
Patri, xenial toda a tarde, destapou o tarro das esencias e despois dunha excelsa
xogada individual cedeu para que Inés marcara a pracer.
Pouco lle durou a
ledicia as da Costa xa que solo dous minutos
despois Aitziber poñía a igualada no
tanteador.
Con este gol
volveu a facerse dono do partido o Fisober. A sete para o fin era desta vez Inés a que se topaba co pau e
Nuria por partida dobre non era quen de batir a Elena. Aitziber a
xogadora máis perigosa e combativa visitante , poñía en algún apuro a meta
local.
Incluso nos
últimos segundos da primeira metade a xogadora do filial Laura que debutaba
nesta tempada en Segunda División, gozaba dunha moi boa ocasión.
A volta de
vestiarios arrancou incluso mellor o Fisober e os dous minutos Nuria amosaba o
seu instinto goleador para facer o dous a un.
A segunda metade
foi un constante e incesante goteo de ocasións locais na busca dun terceiro gol que matara definitivamente o
partido pero non deu chegado. Cunhas visitantes encomendadas a Aitziber e algunha contra para sacar algo positivo.
Nuria e Patri ían
acumulando ou creando ocasión tras
ocasión pero o gol da tranquilidade non daba chegado, iso si o público
asistente o Municipal estaba a disfrutar dun moi bo espectáculo.
Incluso Elsa a
dous minutos para o fin enganchou un lanzamento que se foi a trabe pero que
tampouco quixo entrar.
E non o fixo ata
que a 22 segundos do fin un saque de
banda executado de maneira rápida deixou a Nuria ante a porteira visitante a
cal regateou e marcou a pracer deixando a vitoria na Costa. No último segundo a
visitante Eztizen mandou un lanzamento o pau da portería local.
Ademais da
vitoria e a sexta praza destacar o debut en Segunda División Nacional neste partido da xogadora do filial Tamara, e para Laura foi a segunda aparición nesta
categoría xa que debutara precisamente na última xornada da tempada pasada.
Dende o Fisober queremos
agradecer a tod@s @s que nos apoiaron,
seguiron e animaron nesta tempada, dende o primeiro ata o último,
socios, patrocinadores, simpatizantes , medios de comunicación ……… gracias por
todo o voso apoio sen el todo isto non sería posible para un equipo tan humilde.
Visión Stilo.
Visión Stilo.
Imaxes da tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario