Por primeira vez
e sen que sirva de precedente vou falar de algo non relacionado co deporte
pero
como sei que tarde ou cedo vai chegar a min, hoxe a 14 de maio de 2014 as 11:03
da mañá pois vou deixalo escrito para cando me chegue a xeira o “legador” non se sinta ofendido.
Vou falar do
dichoso “Legado de Tibu”, de Cortois ou
de quen raio sexa. Poderedes dicir que son demagóxico, oportunista, pouco
divertido, que isto é un simple xogo……….. e tódolos adxetivos que se vos ocurran, e sono pero non me importa, eu son
exactamente igual ca vos, non mellor e incluso peor pero teño gañas de
desbarballar que polo menos desafogo. Quen me coñece sabe que a día de hoxe non
me importa moito mollarme.
A bo seguro,
alguén se acordará de min e quererá que cumpra, e esta resposta non vai para
el/ela en particular vai para todos vos en xeral.
Canto fará que non me mandades un mensaxe, un “juasap”, ou me fan unha simple
chamada. Supoño que non se acordaría de min para felicitarme o cumple ( sería
deses 10 elexid@s ) , preguntarame de vez en cando que tal me vai ? Se sigo no paro? Si durmo ben pola noite cas cousas que teño
na cachola ? Si chorei moito nos últimos meses ?………………. , para animarme e seguir
adiante seguro que non vos lembrástedes de min.
Da que pensar,
preocupámonos polos que nos rodean ? os que son do noso círculo de
amigos-coñecidos ? dos veciños ?……… ,
pois creo que moitas veces non e eu o primeiro, pensamos unicamente en nos mesmos . Pero como nos
gustan estas caralladiñas , para isto si que nos preocupamos e nos apuntamos.
E logo se
aproveitaramos o legado para axudar ou promocionar unha boa causa ?
Sinto moito pero
o legado é o que me deixaron os meus avós, paternos “ O Piloto” e “Carmen de
Soneira” e maternos “Lelo” e “María do Pacheco”, todo o que se preocuparon por
min e o que me axudaron no que puideron. Que dicir dos meus pais, Luís e Ana,
que me axudaron e me axudan día a día.
A eles que
quizais nunca lle agradecín, nin agradecerei o suficiente, ese si é un legado.
A educación que me deron, non sei si a aproveitei pero creo que me educaron con
moi bos valores.
E ademais da
educación a escolarización todo do que se privaron para acadalo . Que non é o mesmo educación ca escolarización, hai
xente que non foi escolarizada que foi educada cuns valores soberbios e ten
unha educación que todos quixéramos para nos , e todo o contrario xente con
título universitario, master e demais que carece de educación.
Miña irmán que
sempre estivo aí para min, que me deixa como legado o meu sobriño Lucas, meus
tíos, curmáns e amigos que nunca fallan.
Ese é o
verdadeiro legado, e non estas modas absurdas que veñen de fora. E porque non
como legado, vamos axudarlle a escunchar a un veciño , ir a herba seca , ou a poñer patacas con el, a ir a leña o monte, ou atalingar anzois, ou
desenliar as vetas, estirar un palangre,
……….. iso non é “cool” non farda nun vídeo.
Legado é
recuperar unha vella historia, ou unha “cantarea” como dicía miña avoa María,
gravar un pequeno vídeo de traballos no mar ………….. ese sería un verdadeiro
legado. Pero por esa senda nunca tiramos, gusta máis humillar e facer sufrir.
Eu non quero ser,
nin vou ser exemplo para ninguén , xa
que non vou facer nada do que predico,
pero si quero que os que leades isto reflexionedes un pouco. Diredes si este
personaxe malgasta o seu tempo nun blog deportivo que me vai contar, alá el coa súa tolemia, pois non
conto nada pero polo menos desafoguei.
Se nos mollaramos
así para outras cousas mellor nos iría,
incluído un servidor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario