SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO: STILO BERRIO – FISOBER F.S.F. : 7-1
STILO : Debo, Tamara, Alaitz, Garazi e Carolina ; tamén
xogaron : Eukene, Iglesias, Eztizen,
Mallo, Nerian e Clara.
FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Myrella ; tamén
xogaron : Noelia e Raquel.
ÁRBITROS :
Eduardo Justel e Asier Calvo ; CRONO : Alazne Sancho.
GOLES : 1-0, 1-1 Ana, ( descanso ) ,
2-1,3-1,4-1,5-1,6-1,7-1 ; polo Stilo marcaron : 2 Tamara, Iglesias e Carolina e
1 Alaitz.
Demasiado castigo
para un Fisober que remata a primeira volta con 13 puntos na sexta posición daclasificación e que perdeu unha boa oportunidade de acercarse os de arriba e
alonxarse definitivamente do descenso para o cal terá un partido chave a volta
do parón da Liga problablemente o día 1 de Febreiro, no derbi fronte A Fervenza, no cal unha vitoria practicamente
as salvaría.
Parece que non
gustan as viaxes a Euskadi o Fisober , 6 desprazamentos en dúas tempadas e seis
derrotas, por sorte para elas por esta tempada non se volve a terras vascas.
Partido raro o
disputado en Bilbao polo conxunto do Fisober, despois dunha primeira parte na
que a maioria das ocasións foron para o conxunto visitante e na que o balón non
queria entrar, chegouse con empate a 1 goles.
A segunda parte
empezou como a primeira con ocasións claras para o Fisober pero duas contras
maxistrales do Stilo colocaban un 3-1 inxusto no marcador, un tercer gol que
sacou do partido as xogadoras vimiancesas encaixando 4 goles máis nos
derradeiros minutos cando xogaban con porteira xogadora.
Imáxenes de partidos anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario