LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – BEART 5 CORUÑA: 0-3.
FISOBER B : Anabel, Paula, Laura, Andrea e Noelia
; tamén xogaron : Tamara e Inés.
5 CORUÑA: Gema, Leny , María Veiga, Ana
Lago e Ana González ; tamén xogaron : Gloria, Alicia e Daniela.
GOLES : 0-1 Leny , ( descanso ) , 0-2 Leny, 0-3 Leny.
ÁRBITRO : Jorge
Varela , CRONO : Gerardo Pájaro.
Levaba máis dun
mes sen competir o filial do Fisober por mor do seu calendario e do parón de
Nadal e a pesares da derrota fixo un moi bo partido e mereceu sacarse algo
positivo do mesmo , pero os goles en momentos chave e a falta de puntería das
locais nos metros finais levaronse os
puntos a terras herculinas.
Os dous equipos
tentaron xogar e non se pecharon , tentando desenvolver o seu xogo. As ocasións chegaban
en ambas porterías, pero as porteiras estaban máis atinadas que as xogadoras.
Pasaban os
minutos e os dous equipos seguiron sen materializar ningún gol. As locais
pronto se cargaron de faltas o que lles fixo baixar un pouco a intensidade se
non querían chegar a recibir dobres penaltis.
Cando parecía que
se ía chegar con igualada o tempo de lecer
a capitana visitante Leny aproveitaba unha ocasión ,entrando no
último minuto, para poñer en vantaxe as herculinas.
A volta dos
vestiarios todo seguía igual, pero os tres minutos produciuse outra xogada
chave, cando nunha contra levada por Inés e Paula Fandiño non foron quen de
aproveitar a inmellorable ocasión e na xogada seguinte , as locais facían un
claro penalti , que foi transformado de novo por Leny.
Lonxe de rendirse
as locais seguiron, practicando un bo
xogo e disfrutando de oportunidades pero o balón non quería entrar,
mesmo Noelia tivo un lanzamento o pau. As visitantes tamén saían en perigosas
contras.
Os minutos pasaban e pasaban e as da Costa non atopaban ese merecido
gol que as puxera de novo no partido.
Cando quedaban
escasos dez segundos para o fin de novo
a visitante Leny facía o terceiro gol para as súas, completando a súa
tripla, e afeando aínda máis o
electrónico para as locais.
En definitiva moi
bo partido das da Costa que sucumbiron ante a maior pegada e veteranía das
herculinas, pero amosaron o camiño a seguir.
A visión de David Castro do partido de Nacional e Provincial.
A visión de David Castro do partido de Nacional e Provincial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario