SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – GUARNIZO : 3-2.
FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Raquel ; tamén
xogaron : Noelia, Myrella e Inés.
GUARNIZO : Raquel
Manterola, Raquel Moreno, Gabriela, Ana e Isa ; tamén xogaron : Cris, Raquel
Bringas, Elena e Amelia.
ÁRBITROS : Jose
Manuel Carreira e Beatriz Remeseiro ; CRONO : Berta García.
GOLES : 0-1
propia porta, 1-1 Ana ; ( descanso ) ,
2-1 Patri , 3-1 Patri , 3-2 Raquel Bringas.
Arrincou con
vitoria o Fisober o ano 2014 no que se cumprirá o décimo aniversario da súa
creación.
Nun partido moi
emocionante e igualado disputado en Vimianzo
que caeu do lado das locais rachando así a mala xeira de resultados das
últimas xornadas e de paso gañándolle o equipo que as precede na clasificación
e co cal non foran quen de puntuar en ningún dos dous partidos da tempada
pasada.
De saída os dous
equipos estaban máis temerosos de gardar a súa porta que de arriscar en ataque
sabedores que un erro ou un gol poñería as cousas moi costa arriba, iso si os
dous tentando presionar a saída de balón.
Así foi ata que
os seis minutos na saída de balón entre Patri e a porteira Eva se fixeron un
lio e marcaron en propia porta un gol dos que sairía en todol os zappings.
Parecía que a
sorte seguiría esquiva as locais novamente, pero lonxe de virse abaixo as da
Costa deron un paso adiante e arriscaron un pouco máis.
Froito diso os doce minutos un roubo de balón das locais
permitiu a Ana lograr a igualada a un no electrónico.
Os minutos foron
caendo e aínda que os dous conxuntos tiveron algunha que outra ocasión o
tanteador no se moveu e chegouse o tempo de lecer con táboas no electrónico.
A volta dos
vestiarios todo continuou igual, quizais as visitantes aumentaron un pouco a
presión. Os minutos pasaban e nada cambiaba, ata que unha excelente saída de
presión das locais fixo que Myrella cedera para Patri que lograba o dous a un.
Iso si que
cambiou o partido, restaban trece para o fin e as visitantes foron aínda máis
intensas e as locais tocáballes defender e saír a contra.
E nunha desas
unha excelente xogada individual de Patri remataba co seu lanzamento preto da
escadra e co tres a un no electrónico, culminaba Patri así o seu “extrano hattrick” si contamos o que marcou en propia
porta. Quedaban nove para o fin e o Fisober por primeira vez nesta tempada
remontaba un partido que comezara perdendo.
Pero non ía ser
fácil as visitantes, subcampionas da categoría a tempada pasada, percutían unha e outra vez
na busca de reducir diferenzas. E así o logrou Raquel Bringas a cinco para o
fin.
Tocaba sufrir os
últimos minutos e así foi, defendendo a embestida visitante e tentando asustar
nalgunha contra. Emoción e sufrimento nas gradas ata o final o que se chegou co
tres a dous que permite o Fisober romper a mala xeira de resultados e a súa vez
escapar un pouco máis da zona de descenso e mirar máis preto os equipos que o preceden na clasificación.
Fotografía de equipo David Castro / O fútbol unha pasión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario