LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
ESPARTANAS – FISOBER “B” F.S.F. : 2-1.
ESPARTANAS :
Andrea, Ana, Carmen, Adriana e Rebeca ; tamén xogaron : Laura, María, Patricia
e Marta.
FISOBER B : Anabel, Noelia, Paula Fandiño, Inés e
Laura ; tamén xogaron : Andrea, Alejandra e Tamara.
ÁRBITRO : Alfredo
Trincado ; Crono : Fernando Barros.
GOLES : 1-0 María
min.13 ; 1-1 Paula Fandiño min 23 ,
( descanso ) ; 2-1 Adriana min.45.
Rematou a
primeira volta para o filial do Fisober e non puido puntuar na súa visita A
Coruña. A pesares de non facer un bo partido mereceu traerse algo positivo para
a Costa pero seguen sen materializar as ocasións e o que perdoa paga.
O partido
disputouse o ritmo que querían as locais que se pecharon atrás na busca de saír
a contra, ralentizar o xogo visitante e rapidez cando elas tiñan o balón, xa
dende os primeiros minutos foi así.
As locais ben
colocadas atrás para cada vez que roubaban saír en perigosas contras. Pola súa
banda as visitantes non eran quen de aumentar o ritmo do xogo e do balón para descolocalas .
Así mediada a
primeira metade María aproveitaba unha contra para prantarse ante Anabel e
adiantar as locais.
Buscaron aumentar
o ritmo as visitantes pero non o lograban. Ainda que o seu xogo non melloraba
moito comezaban a chegar as ocasións, pero o igual que na anterior xornada non
eran quen de mandalas o fondo da rede.
E tivo que ser
despois dunha cesión e o conseguinte libre indirecto cando Paula Fandiño poñía
a igualada no electrónico co que se chegou o tempo de lecer.
Na segunda metade
mellorou un pouco o filial e tivo máis control do partido, gozaban de algunha
que outra boa ocasión pero ante a portería pechábanse as persianas.
Os minutos ían
pasando e ademais de non ser quen de poñerse por diante, as visitantes
estábanse a cargar de faltas.
E así a cinco
para o fin chegaba a sexta. Tres dobres penaltis case consecutivos dos cales
Adriana aproveitou o segundo , puxeron en vantaxe as locais e desquiciaron as
visitantes que aínda con todas as dificultades dispuxeron de algunha ocasión para empatar pero non era o
día.
Da actuación
arbitral mellor non falar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario