LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : CONCELLO DE PONTECESO – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO”. 4-1.
PONTECESO : Salomé, Alba Marrozos, Sandra, Ana e Carmen ;
tamén xogaron : Fany e Anabel.
FISOBER B : Martina,
Iria, Paula, María e María Maroñas ; tamén xogaron : Inés, Laura, Mónica, Noe e
Cris.
Árbitro e crono : Emilio González e Iván Enríquez.
GOLES : 1-0 Sandra, 2-0 Carmen, 3-0 Carmen, 3-1 Inés, (descanso ) , 4-1 Carmen.
Xogábase na tarde do sábado o derbi de Provincial e o filial do Fisober que mellorou a súa imaxe do
último partido , aínda que non foi quen
de puntuar ante un Ponteceso que se levou a vitoria con todo merecemento.
Os primeiros
minutos os dous equipos estiveron moi nerviosos. Pero no minuto cinco foi
Sandra a que aproveitou un rexeite para poñer en vantaxe as locais.
As do filial
tentaron saír co balón controlado pero
sen moita claridade. Un lanzamento de falta de Carmen mediada a primeira metade
foi o segundo gol para as locais. E pouco despois foi a mesma Carmen a que
facía o tres a cero.
Cando se xogaban
os últimos minutos desta primeira metade unha moi bulliciosa Inés poñía o tres
a un no electrónico, un resultado co que se chegou o tempo de lecer.
A segunda metade
continuou ca mesma tónica da primeira, as locais con máis paciencia tiñan o
partido onde querían.
Aínda así as do
filial do Fisober non se rendían e Inés tiña un par de boas ocasións o igual
que a capitana María pero eran freadas por Salomé.
Cando se xogaban
os últimos minutos do partido a xogadora formada no Fisober, Carmen facía o
cuarto e definitivo gol do seu
equipo completando a súa particular tripla de goles na tarde do
sábado.
O filial do Fisober volta a competición o vindeiro 19 de Xaneiro visitando en Carral o Fame Negra.
Dende o Fisober
F.S.F. queremos desexarlles unhas Felices Festas de Nadal e un próspero Ano 2013 .
No hay comentarios:
Publicar un comentario