LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : BeART 5 CORUÑA – FISOBER B “CONCELLO DE
VIMIANZO” : 3-0.
5 CORUÑA : Vila, María, Raque, Leny e Gloria ; tamén xogaron : Aldara, Sofía, Helen e
Ana.
FISOBER B : Martina, Iria, Paula, María e Inés ;
tamén xogaron : Noe, Mónica, María Maroñas e Natalia.
ÁRBITRO E CRONO :
David Ruiz e Fernando Barros.
GOLES : 1-0 Ana ;
2-0 Leny ; 3-0 Gloria ; todos eles na primeira metade.
Visitaba na tarde
do sábado o filial do Fisober a pista do líder e a pesares da derrota amosou
unha boa imaxe, sobre todo defensiva baseada na actuación da súa porteira
Martina.
Saían algo
nerviosas a pista as da Costa o xogar
contra o actual líder e dominador da competición xunto co invicto Manureva.
As locais foron
as que levaron en todo momento o peso do partido, e o filial tentaba saír a
contra cando llo deixaban. Nos primeiros minutos apenas foron quen de facelo,
pero o dominio local non lle creaba excesivos problemas a meta defendida por
Martina.
Pasaban os
minutos e as locais non eran quen de marcar. A mellor ocasión visitante nestes
primeiros minutos foi unha contra levada por Inés quen cunha posibilidade franca de lanzamento decidiu dar un pase máis
en vez de lanzar a porta.
O equipo coruñés
con xogadoras con moita experiencia sobre todo no fútbol e con pasado ou
presente orzanista e algunha outra no futsal como Leny a ex do Riazor ou Sofía ex do
Ribadeo entre outras, non eran quen de
sorprender a Martina.
Ata que os catorce
minutos Ana aproveitaba un balón perdido no área despois dun desafortunado
rexeite para rematar de cabeza e poñer
por diante as locais. E como outras moitas veces entroulle o desacougo o
filial.
Solo un minuto
máis tarde unha combinación das locais rematou co segundo gol obra de Leny. E
os dezaoito minutos foi Gloria quen no segundo pau e de maneira inverosímil
facía o tres a cero que xa foi definitivo.
De novo uns malos
minutos poñían unha lousa sobre o filial. E aínda puido ser peor xa que as
coruñesas tiveron un libre directo o seu favor despois de que Martina tardase
en sacar, que non aproveitaron xa que marcaron gol pero sen que nadie tocase,
conseguintemente saque de porta.
Preto do
intermedio tivo unha gran ocasión o filial cando un centro-chut de Paula o cal non foi quen de pescalo Natalia no segundo pau
por centímetros.
A volta do
intermedio seguiu o dominio do 5 Coruña, pero parece que as da Costa quitáronse
algo os complexos e tentaron combinar máis. Facendo que o partido fose un pouco
máis entretido.
Así os catro
minutos un lanzamento de Paula foise o longueiro. As locais seguían poñendo a
proba a unha moi inspirada Martina que freaba calquera opción facendo paradas
de mérito.
Os minutos
pasaban co mesmo guión. Incluso as coruñesas erraron unha ocasión clarísima. Pero
as xóvenes xogadoras do Fisober tamén daban algún susto de vez en cando , como
foi o caso dun balón que loitou Paula ata o final e o rexeite da porteira
chegou a capitana María que disparou a rentes do pau.
Era curioso que a
segunda parte que foi moito máis vistosa e con ocasións máis claras o balón non
quixese entrar en ningunha das dúas porterías. As locais topábanse ca madeira e
as últimas ocasións visitantes eran con tiros lonxanos.
Chegouse así o
fin dun partido no que as locais foron mellores pero no que o filial deu a cara
e na segunda metade tentou combinar e non rifou tanto o balón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario