SEGUNDA DIVISIÓN
RESULTADO : CALCEATENSE – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” .
3-5.
CALCEATENSE : Alaine , Rocío, Carla, Tania e Verónica ;
tamén xogaron : Clio, Nuria, María e Andrea.
FISOBER : Eva, Patri,
Ana, Barca e Myrella ; tamén xogou : Elsa.
Árbitros : Ernesto Cámara e Julio Sánchez ; Crono : Sara
Rio.
GOLES : 1-0 Verónica, 2-0
Tania , 2-1 Barca, 2-2 Patri, (
descanso ), 2-3 Barca, 2-4 Elsa, 2-5 Barca, 3-5 Carla.
Un Fisober que
viaxou A Rioxa lastrado pola praga de
baixas e con solo seis xogadoras sobrepúxose a circunstancia e o dous a cero
inicial para remontar o partido e traer os tres puntos para a Costa despois dun
esforzo titánico, amosando a súa boa xeira a domicilio onde gañaron nas tres últimas
saídas.
Non podía ser
peor a saída a pista para as visitantes
xa que un lanzamento de Verónica se convertía no un a cero os poucos segundos
do comenzo.
O Fisober non se
atopaba cómodo na pista, non eran quen
de aclimatarse a ela e era superado unha
e outra vez polas rioxanas. Así os cinco minutos unha combinación local servía
para que Tania fixera o dous a cero. Daba a impresión que o partido podía ser
un pesadelo para as poucas xogadoras do Fisober.
Pero co paso dos
minutos foron serenándose e tentando
facer o seu xogo habitual. Así os oito minutos unha boa xogada acabou cun lanzamento cruzado de Barca
que se foi lambendo o pau e o cal tampouco chegou Patri no segundo pau por centímetros.
Pero as locais
seguían chegando co seu xogo directo. Os nove minutos un lanzamento de Carla
foise o pau e pouco despois a mesma Carla tiña outra clara ocasión.
Todo mudou cando
os doce minutos Barca aproveitaba un balón para facer o dous a un. Serviu para
serenar aínda máis as da Costa e asustar as rioxanas. E así foi porque o
dominio cambiou de bando e comenzaron a chegar as ocasión visitantes.
Ana tiña dúas
ocasións con dous lanzamentos dende a frontal en poucos minutos que foron
desbaratados pola porteira. E a tres para o fin eran Myrella e Patri as cales
non eran capaces de marcar.
Pero a dous para
o fin desta primeira metade , foi Patri a que nun lanzamento de falta dende a
frontal poñía a igualada no electrónico ca que se chegou o tempo de lecer.
E a volta o
Fisober seguiu o seu e os dous minutos de novo Barca era a que facía o terceiro
e volteaba o marcador. Pouco despois unha xogada individual de Patri era freada
pola porteira local e evitaba que se aumentara o marxe.
A resposta local
foi por parte de Carla. Pero de novo Patri tiña unha inmellorable ocasión aínda
que non era quen de definir
correctamente ante a porteira.
Os minutos
pasaban e o Fisober atopábase moi cómodo co seu xogo e co seu papel. Aínda así
as locais lanzaban perigosos zarpazos e foron Verónica e María as que tiñan
ocasións para elas.
A falta de nove
minutos Patri de novo tiña unha
inmellorable oportunidade pero non acertaba co gol. E foi despois desta ocasión
cando as locais tentaron cambiar o dominio no xogo e no marcador do Fisober
optando con Carla como porteira-xogadora.
Algo que de novo
aproveitou o Fisober. Xa que a sete para o fin unha contra do Fisober foi
finalizada por Elsa para poñer o 2 a 4. As da Costa atopábanse cómodo defendendo o ataque de cinco
e as mellores ocasións eran súas. As locais foron aínda máis directas e un
cabezazo de Tania puxo en serios apuros a Eva.
Pero o Fisober
non estaba disposto a perdoar e unha nova contra era finalizada por Barca para
poñer o dous a cinco e o terceiro gol na súa conta a solo tres para o fin.
As locais
decidiron voltar a normalidade e deixar
a situación de porteira-xogadora. O Fisober aínda puído aumentar máis o
electrónico cunha dobre ocasión de Barca e Patri.
Foron as locais
as que reduciron o oco cun gol de Carla a dous para o fin. O Fisober tentou
tocar e conservar balón para chegar con tranquilidade a bo porto.
Aínda tocaba
sufrir xa que a trinta segundos para o fin os colexiados sinalaron un discutido
penalti moi protestado polas visitantes. Eva foi quen de paralo deixando que os últimos
segundos foran máis tranquilos e traendo tres novos puntos para a Costa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario